mércores, 21 de maio de 2025

Proxecto ADN Especies Vulnerables

O Consello da Cultura Galega, en colaboración co CIMUS, está a desenvolver unha iniciativa destinada a que o alumnado de educación secundaria comprenda e valore a importancia da biodiversidade na conservación dos nosos ecosistemas.

Queremos poñer isto en valor e eliximos especies vulnerables en Galicia.

Os rapaces e rapazas elixen unha ou varias especies para investigar, documentándose sobre a súa morfoloxía e hábitat. As actividades inclúen desde a procura e observación da especie no seu medio natural, a busca de información na bibliografía, entrevistas con persoal científico e tamén con xente da contorna. Moitas destas especies teñen unha forte presenza na cultura popular, xa sexa pola súa relevancia económica ou polo seu valor simbólico.

O día 13 de maio os alumnos acompañados dos profes fixemos unha primeira sesión no CIMUS, amplificando, caracterizando e secuenciando o ADN das especies.

Haberá un segundo día de visita ao CIMUS e máis días de actividades do proxecto.




Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar 2025/26

Aberto ata o 20 de xuño o prazo de presentación de solicitudes para a participación no fondo solidario de libros de texto e convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2025/26.


martes, 20 de maio de 2025

Obradoiro sobre a importancia da pisada na práctica deportiva


O alumnado de 1° de bacharelato asistiu a unha charla/obradoiro no noso centro sobre a importancia da pisada na práctica deportiva.

O profesor da UDC, Francisco Alonso Tajes, explicounos as actualizacións sobre o programa de prevención de lesións e o protocolo de actuación ante as mesmas.

A través da práctica entendemos como funciona a plataforma de presións e a información que nos achega sobre a funcionalidade dos nosos pés.






luns, 19 de maio de 2025

Enquisa de diagnose da convivencia 2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pon en marcha este curso académico a V macroenquisa de diagnose da convivencia escolar, dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (alumnado a partir de 5º de educación primaria, profesorado, persoal non docente e familias).

Esta iniciativa enmárcase dentro da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e o prazo de participación estará aberto desde o 5 ata o 26 de maio, ambos os dous incluídos. É moi importante a participación de todos os membros da comunidade educativa, incluídas as familias.

Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través da aplicación convivenciaxestion (https://www.edu.xunta.gal/convivenciaxestion/).

Para calquera outra dúbida ou consulta, poden contactar co Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia a través dos teléfonos 881996571 e 981546512, ou dos enderezos electrónicos edutic@edu.xunta.gal e convivencia@edu.xunta.gal.

Calendario de exames da convocatoria extraordinaria de 2º de bacharelato 2024/25

Na seguinte imaxe poden consultarse as datas dos exames da convocatoria extraordinaria de 2º de bacharelato para o curso 2024/25.



domingo, 18 de maio de 2025

O alumnado de 1° ESO e 1° Bacharelato superou novos retos no rocódromo de Riazor. Quen dixo medo?






xoves, 15 de maio de 2025

Alumnado do IES Plurilingüe Rafael Dieste na Fase Final da Olimpíada Matemática Galega 2025

Despois de conseguir dúas das sete prazas da área da Coruña na Fase Zonal do pasado 24 de abril, Martina Pernas Fernández e Franco Gabriel Franco Pérez participaron hoxe, xunto con outros 38 alumnos de toda Galicia, na Fase Final da Olimpíada Matemática Galega de 2º ESO.

Parabéns!!






mércores, 14 de maio de 2025

Datas relevantes para 2º de bacharelato durante a segunda quincena de maio de 2025

Seguindo a Instrución 2/2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, na que se concretan as datas e o procedemento de reclamacións, achéganse no seguinte ficheiro pdf as datas máis relevantes para 2º Bacharelato durante a segunda quincena de maio.

martes, 13 de maio de 2025

sábado, 10 de maio de 2025

Torneo Intercentros de Xadrez do Colexio Obradoiro


Moitos parabéns un ano máis ao noso alumnado polos excelentes resultados acadados no Torneo Intercentros de Xadrez.

O IES Rafael Dieste, como cada ano, participou xunto ao IES Salvador de Madariaga, IES Breamo, IES Fernando Wirtz e o IES Urbano Lugrís no Torneo Intercentros organizado polo Colexio Obradoiro.

Participaron 2 equipos de cada centro nun torneo formato liga, con 70 participantes en total. Ademais celebráronse as tradicionais partidas simultáneas (un contra todos) neste tipo de eventos a cargo do Maestro Internacional Jacobo Caselas.  Este ano, como novidade, foi incluída unha exhibición de Robótica.

No torneo por equipos destacaron do noso instituto os alumnos Daniel Romero con 6 victorias de 6 e Daniel Rey con 5 victorias de 6 así como Bruno Picos que accedeu a apoiarnos a última hora en ausencia doutro xogador, obtendo 3 victorias de 3. Parabéns tamén a Fabián Córdova que gañou 2 partidas de 6 sendo un xogador novel neste tipo de eventos. 

Moitas grazas a todos os xogadores e en xeral ao Club de Xadrez do Dieste coordinado polo profesor Jesús Escariz. Parabéns!

Moitas grazas tamén ao Colexio Obradoiro por organizar este fabuloso e ilusionante evento do que desfrutamos todos.




Xornadas Primeiros Auxilios


Como todos os anos, desde o departamento de Educación Física, levamos a cabo as xornadas de Primeiros Auxilios no centro. Nelas participa todo o alumnado desde 1° de ESO ata 1° de bacharelato. Agradecemos moito a colaboración do Centro de Saúde Os Rosales e do CFR da Coruña.

domingo, 4 de maio de 2025

IV Premios Escola en Camiño

Tres alumnas do IES Plurilingüe Rafael Dieste foron galardoadas na IV edición dos Premios Escola en Camiño, organizados por @laopinioncoruna @farodevigo e @elcorreogallegoweb 

As alumnas premiadas foron Shannon González Fernández, na categoría de debuxo, e Verónica Castillo Aguilar e Valeria Ortiz Arias, na categoría de literatura.

Parabéns!!



Estancia no CICA, Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía

Seis alumnos e alumnas do IES Plurilingüe Rafael Dieste foron seleccionados para realizar, xunto con dez alumnos doutros centros da provincia, unha estancia de 3 días con investigadores especializados en química e bioloxía no CICA, Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía.

Posteriormente expuxeron os proxectos realizados durante esa estancia e un xurado seleccionou catro deses proxectos como gañadores dunha nova estancia, nesta ocasión de dúas semanas. Sofía Carou, alumna do Dieste, foi unha das gañadoras.

Parabéns a Sofía e a todos os participantes!!



IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores