A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pon en marcha este curso académico a V macroenquisa de diagnose da convivencia escolar, dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (alumnado a partir de 5º de educación primaria, profesorado, persoal non docente e familias).
Esta iniciativa enmárcase dentro da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e o prazo de participación estará aberto desde o 5 ata o 26 de maio, ambos os dous incluídos. É moi importante a participación de todos os membros da comunidade educativa, incluídas as familias.
Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través da aplicación convivenciaxestion (https://www.edu.xunta.gal/convivenciaxestion/).
Para calquera outra dúbida ou consulta, poden contactar co Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia a través dos teléfonos 881996571 e 981546512, ou dos enderezos electrónicos edutic@edu.xunta.gal e convivencia@edu.xunta.gal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario