luns, 20 de novembro de 2023

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "EL CAMINO INVERSO" E COLOQUIO CON MARIANO BARBACID NO MUNCYT


 

O Club de Ciencias do "Rafael Dieste" convocou ao alumnado á charla-coloquio do Dr. Mariano Barbacid, celebrado no MUNCYT.

En relación ca Semana da Ciencia e paralelamente ao congreso de La Asociación Española de Investigación Sobre el Cáncer (ASEICA) ASEICA 40th ANNIVERSARY CONGRESS, celebrouse no MUNCYT da Coruña unha charla coloquio do documental “El camino Inverso” del Dr. Mariano Barbacid.

O Dr. Mariano Barbacid, que dirixe actualmente o CNIO, é u dos investigadores máis citados internacionalmente. As súas investigación sobre cancro e xenes, oncoxenes, (mutaciones de oncogenes RAS o aislamiento del oncogén TRK) foron das primeiras que iniciaron este camiño e que levaron a afrontar os tratamentos de cancro dunha manira moito máis efectiva.

O Dr. Mariano dí que non se debe falar de cancro en singular, se non de cancros. É como se dixéramos “infección” e trataramos todas igual.

Tamén falou da falta de financiación e endogamia na ciencia en España.

Aquí o tráiler do documental:

Tráiler del documental 'El camino inverso' 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores