martes, 7 de novembro de 2023

INTERCAMBIO 2023-24: FINAL DA VISITA A KRONBERG IM TAUNUS

Todos os 42 estudiantes en Victoria Park en Kronberg primeiro día.

Vimos de rematar a nosa estadía de 8 días na viaxe de intercambio a Kronberg im Taunus. Os nosos 20 estudiantes españois coñeceron e conviviron coa súas parellas alemanas disfrutando moito da experiencia e desexando volverse a encontrar na segunda parte cando o alumnado alemán visite A Coruña. Iso será o vindeiro mes de marzo.
Nesta entrada incluímos algunhas fotos de grupo, pero próximamente incluiremos no blog ClickOnEnglish os distintos capítulos da visita día a día. Seguide atentos ás publicacións alí na ligazón inferior.

Os 20 estudiantes españois en Kronberg.


O grupo completo na ponte peatonal Eiserner co skyline de Mainhattan ao fondo.

O grupo completo e profesores diante do concello de Frankfurt en Romerberg.

O resto das publicacións do intercambio 2023 en ClickOnEnglish-Kronberg 2023.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores