Marcela e Elisa. Foto: José SellierO grupo DiverXentes do IES "Rafael Dieste" 2022-23
O colectivo ALAS de A Coruña ven de conceder a dous centros educativos, e un deles é o noso, o XIX Premio "Marcela e Elisa". Estes premios véñense entregando dende o 2015 buscando poñer en valor ás persoas e entidades que traballan a favor dos dereitos LGTBI+. É a primeira vez que se conceden a centros educativos por formar na diversidade.
ALAS manifestou que o xurado valorou o compromiso destos centros educativos coa comunidade LGTBI+. Tamén, destacou o amplio catálogo de libros de temática LGTBI+ dispoñible nas bibliotecas de ambos os dous centros educativos.
Máis información nestas ligazóns:
Ningún comentario:
Publicar un comentario