xoves, 25 de febreiro de 2021
PARABÉNS PARA OS NOSOS ALUMNOS: MARCOS SOUTO BLANCO E NICOLÁS ORTEGA MOINELO
mércores, 24 de febreiro de 2021
PRAZAS VACANTES DO IES "RAFAEL DIESTE" CURSO 2021-22
luns, 15 de febreiro de 2021
ENTROIDO 2021: OS ARTISTAS DO 'RAFAEL DIESTE"
xoves, 11 de febreiro de 2021
11-F: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
O Departamento de Ciencias celebrando, como cada curso, o 11-F, Día da Muller e a Nena na Ciencia.
Na actualidade, as mulleres e nenas atopan barreiras de moitos tipos, ás veces moi sutís, que dificultan a súa presenza na ciencia. O 15 de decembro de 2015 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 11 de febreiro "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia", convidando a que se organizasen actividades de educación e sensibilización pública que axudasen a logar unha maior participación e progreso das mulleres e as nenas na ciencia.
En setembro de 2016 un grupo de persoas do ámbito científico, de forma completamente voluntaria e sen ánimo de lucro, lanzamos a Iniciativa 11 de Febreiro. Coa iniciativa queremos encher as axendas de actividades que conmemoren o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que axuden a visibilizar o traballo das científicas, a crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía e que promovan prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico-tecnolóxico. A iniciativa realízase en toda España.
No IES Rafael Dieste teremos as seguintes actividades para celebrar o #11F
“Coñéceas” é unha actividade en directo que ten como principal obxectivo dar visibilidade ás científicas que investigan en cancro, dunha forma dinámica e interactiva. O noso obxectivo é que se coñezan ás “mulleres detrás de bata”: como son, como empezaron, como orientaron a súa carreira, e como chegaron a ser grandes investigadoras punteiras nos seus campos. A través desta acción queremos animar ao alumnado, e en particular, ás nenas e novas, a que se interesen por a Ciencia, precisamente con a oportunidade de falar e preguntar a directamente a estas ‘detectives do cancro’
Cando? A iniciativa desenvolverase o próximo 8 de Febreiro de 2021. O formato será en liña, co obxectivo cubrir polo menos 50 colexios, institutos e universidades en España e o estranxeiro. Cada centro educativo conectarase cunha investigadora en charlas ti‐a‐ti. Os estudantes poderán facelo desde as súas propias aulas sen ningunha infraestrutura ou xestión adicional.

mércores, 10 de febreiro de 2021
CONCURSO CARTEL PARA 8-MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
A Xunta de Galicia convoca un concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia en tres categorías:
1ª Categoría.- Alumnado de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.
2ª Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO).
3ª Categoría.- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.
Prazo de presentación: ata o 23 de febreiro de 2021
Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo, á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I, que son os datos do alumnado e do Centro educativo, ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal
Esta forma de envío non exime aos centros de entregar os traballos de acordo coas bases do concurso.
As bases do concurso pódense consulta neste enlace AQUÍ