xoves, 26 de marzo de 2020

NOVAS INSTRUCCIÓNS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

Onte publicaronse na páxina da Consellería de Educación da Xunta os acordos tomados na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma e hoxe as confirmamos con Inspección. Son estas:
- Mantemento do calendario escolar 
- Avaliación do segundo e terceiro trimestre: Avaliarase o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais o pasado 12 de marzo, (pero os exames programados poderán manterse, aínda que non se consideran para a 2ª avaliación senon que contarán para a seguinte) e modificaranse os contidos e competencias do terceiro. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril.
- Aprazamento das probas ABAU e modificación dos modelos de exame: A ABAU desenvolverase entre o 22 de xuño e o 10 de xullo (con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo) no caso da convocatoria ordinaria, e antes do 10 de setembro, no caso da extraordinaria, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes. Canto ao exame, acordouse manter un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e aumentar a opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.

Podedes ver a información en AQUÍ.  
É importante que sigades as novidades na páxina da Consellería de Educacióne na da CIUG

Con respecto ás PROBAS de ACCESO á Ciclos de FP, o alumnado que xa fixérades a inscripción a proba de Ciclos Medios ou Superiores, estade atentos á páxina das probas, por si hai modificacións nas datas previstas para a súa realización (CM: 28 de maio, CS: 23 de abril). 

Queremos por último engadir que todas as decisións que tomamos como centro veñen determinadas polas instruccións superiores e que poden, como vedes, variar dun día para outro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores