luns, 10 de febreiro de 2020

O DEPARTAMENTO DE PLÁSTICA CONVOCA CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: "O MAR"

PRAZO: A DATA LÍMITE DE ENTREGA DE TRABALLOS POSPONSE E AMPLÍASE UNHA SEMANA MÁIS CANDO NOS REINCORPOREMOS ÁS CLASES.




CONCURSO FOTOGRAFÍA

ORGANIZA O DEPARTAMENTO DE DEBUXO DO IES RAFAEL DIESTE.
COLABORAN: OS DEPARTAMENTOS DE XEOGRAFÍA-HISTORIA,  MÚSICA, BIBLIOTECA E AMPA DO 'RAFAEL DIESTE'.

BASES
1. TEMÁTICA
As fotografías que se presenten ao concurso deben estar relacionadas co tema da Semana Cultural: O mar.
2. PARTICIPANTES
Podrán concorrer a este certame fotográfico todo o alumnado do IES sempre que os seus traballos se axusten ás bases do mesmo.
3. ADMISIÓN E FORMATO
As fotografías deberán ser propiedade do autor que as presente ao certame.
Cada concursante poderá presentar ata tres imaxes, orixinais e inéditas.
As fotografías deberán presentarse en papel fotográfico, en branco e negro ou en cor.
O tamaño das fotografías orixinais será libre, pero, en ningún caso deberá sobrepasar o tamaño do soporte, co título da obra no reverso.
Cada fotografía deberá estar montada sobre un soporte ríxido (cartón pluma ou similar) de dimensións obrigatorias DIN A-4 (210x297mm).
4. FORMA DE PRESENTACIÓN
A presentación da documentación realizarase en dous sobres pechados:
SOBRE 1:
No exterior soamente figurará o “lema” ou título da obra baixo o que se presenta a fotografía. O sobre conterá unha folla DIN A-4 cos datos persoais do concursante (nome, apelidos e grupo) e a localización da imaxe presentada ao concurso.
SOBRE 2:
No exterior soamente figurará o “lema” ou título da obra baixo o que se presenta a fotografía. O sobre incluirá exclusivamente a fotografía presentada en formato impreso. No dorso do soporte da fotografía figurará unicamente o lema elixido. A fotografía será anónima e non haberá no interior ou no exterior do sobre dato ningún que poida identificar o autor da foto, máis alá do propio lema.
5. PRAZO A DATA LÍMITE DE ENTREGA DE TRABALLOS POSPONSE E AMPLÍASE UNHA SEMANA MÁIS CANDO NOS REINCORPOREMOS ÁS CLASES.
A data límite de entrega dos traballos será o día 18 de marzo ás 14 horas.
6. LUGAR DE ENTREGA
Os traballos presentaranse na secretaría do Centro no seu horario de atención ao público.
7. XURADO
O xurado estará composto por cinco membros: un membro do equipo directivo, dous profesores do departamento de Debuxo, un membro da biblioteca, un membro do ANPA. O xurado resérvase o dereito da interpretación das bases do presente concurso e da resolución dos casos non comtemplados de acordo co seu mellor criterio.
8. PREMIOS
Os premios que se outorgarán serán os seguintes:
Primeiro premio: 60 euros.
Segundo premio: 40 euros.
Un accésit: 20 euros.
O xurado resérvase o dereito de declarar deserto algún ou a totalidade dos premios se os traballos presentados non reunisen, ao seu criterio, os méritos suficientes. A decisión do xurado será inapelable.
9. EXPOSICIÓN
As fotografías presentadas serán obxecto dunha exposición fotográfica, que se realizará no IES durante a Semana Cultural.
10. ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios realizarase nun acto público no marco da exposición sinalada e durante a mesma, en día e hora por determinar.
11. OBRAS PREMIADAS
As obras premiadas quedarán en propiedade do IES Rafael Dieste, que se reserva todos os dereitos sobre as mesmas e a súa posible publicación, citando o seu autor, aténdose, en todo caso,ao que dispón a Lei de Propiedade Intelectual.
12. DEVOLUCIÓN
As fotografías non premiadas poderán ser retiradas persoalmente polos seus autores unha vez rematada a exposición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores