Para conmemorar o 30º aniversario do instituto "RAFAEL DIESTE", o Equipo de Dinamización Lingüística do centro ven de publicar un marcapáxinas co calendario 2020 polo reverso. O deseño da ilustración foi feito por Victoria García-Rebull Cuiñas. E o lema foi idea da profesora de galego do instituto Dores Castro Villar.
sábado, 29 de febreiro de 2020
venres, 28 de febreiro de 2020
PROXECTO DEPORTIVO: ESCALADA 2020 PARA ALUMNADO DO 'RAFAEL DIESTE'
Otro curso mais, alumnado de 2ºESO do noso centro acercáronse ao Pabellón de Riazor para practicar a actividade de escalada. E disfrutaron coa actividade.
xoves, 27 de febreiro de 2020
AXUDAS A ACTIVIDADES FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2020 DA XUNTA DE GALICIA
A Xunta de Galicia ven de establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concurrencia competitiva, para realizar actividades de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras, do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante el ano 2020.
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2020, coa excepción das actividades para 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto, e das actividades de integración, que se desenvolverán ao inicio do curso 2020/21.
- CARTEL INFORMATIVO 2020
- CARTEL INFORMATIVO 2020
- 2º BACH
- Inglés en Canadá. 3 semanas. Familia
- Inglés en Reino Unido. 3 semanas. Familia
- Francés en Francia. 3 semanas. Familia ou residencia
- Portugués en Portugal. 3 semanas. Familia ou residencia
- 1º BACH
- Inglés en Reino Unido. 3 semanas. Familia
- Inglés en Canadá. 3 semanas. Familia
- Inglés en Canadá-Integración. 4 semanas. Familia
- Inglés en Galicia. 1 semana. Residencia
- Francés en Francia. 3 semanas. Familia ou residencia
- Portugués en Portugal. 3 semanas. Familia ou residencia
- 4º ESO
- Inglés en Galicia. 1 semana. Residencia
- Inglés en Galicia. 2 semanas. Residencia
- 3º ESO
- Inglés en Galicia. 2 semanas. Residencia
- 2º ESO
- Inglés en Galicia. 2 semanas Residencia
- 1º ESO
- Inglés en Galicia. 2 semanas. Residencia
O custo total de cada actividade inclúe:
- a) No caso das actividades a realizar no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
- b) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
- c) Os gastos de docencia e o material escolar.
- d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
- e) Os gastos de mantenimento e aloxamento.
- f) O certificado de realización da actividade.
- g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
Beneficiarios:
- Estar cursando, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º da educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, en Galicia.
- Ter superado todas as áreas ou materias no curso 2018/19.
- Ter conseguido no curso 2018/19 unha calificación mínima de Ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadia.
- Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2019/20, nun centro da Red de centros plurilingües.
- Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
- Estar en posesión do documento nacional de identidade, número de identidade de estranxeiro ou pasaporte. No caso de alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento identificativo, o do pai ou nai ou titor/a legal…
Prazo de presentación: 27/02/2020 – 26/03/2020.
Toda a información na páxina de AXUDASLE
martes, 25 de febreiro de 2020
MÁSCARAS DO ENTROIDO
Nas pasadas celebracións do Entroido, o noso patio central estivo adornado con banderíns e máscaras elaboradas polo alumnado das clases de Plástica do noso centro. Aquí unha mirada máis de cerca das máscaras confeccionadas por eles.
venres, 21 de febreiro de 2020
O ENTROIDO 2020 NO 'RAFAEL DIESTE'
Como todos os venres previos aos días festivos do Entroido, imos celebralo cunha festa de disfraces a partir da 13:00h. Haberá ás clases habituais ata ese momento e o alumnado non poderá vir disfrazado nin facelo antes das 12:30. Durante a festa haberá un Concurso de Disfraces, patrocinado pola AMPA, para o que haberá que inscribirse con antelación en Vicedirección.
Logo uns días de vacacións para regresar ás clases o día 27 de febreiro.
antes da festa...
durante a festa...
CONVOCATORIA IDIOMAS DO MUNDO 2020 DO CONCELLO DE A CORUÑA.
O Concello de A Coruña ven de convocar a edición 2020 de "IDIOMAS DO MUNDO", 60 prazas para alumnado de 4ºESO e 1ºBAC para perfeccionar en idiomas (alemán, francés, inglés e portugués) durante 4 semanas preferentemente no mes de xullo 2020.
Prazo de presentación de solictudes ata o 6 de marzo.
60 prazas: Irlanda, 37 prazas. Francia, 10 prazas. Portugal, 10 prazas. Alemaña ou Austria, 3 prazas
Toda a información nesta ligazón á web do concello
xoves, 20 de febreiro de 2020
CONVIVENCIA-MEDIACIÓN E ALUMNADO MEDIADOR CURSO 2019-20
O noso centro conta cun Plan de Convivencia (aprobado en Claustro o 9 de Marzo de 2017) que recollen as normas xerais para a convivencia no centro, así como tamén un equipo de mediación en conflictos.
Neste entrada queremos salientar que toda a información relativa a este tema aparece recollido na sección "CONVIVENCIA" da nosa páxina web.
A partir de agora haberá unha ligazón aesa páxina dende este mesmo logo "MEDIADORES" nas columnas da dereita tanto deste blog como na páxina de inicio da web.
Tamén incluimos a ligazón ao LISTADO DE ALUMNADO MEDIADOR NESTE CURSO 2019-20.
mércores, 19 de febreiro de 2020
PROXECTO DEPORTIVO: BAILE "SALSA DE ENTROIDO"
Moi agradecidos a Milethza Garza, profesora de baile e nai dunha das nosas alumnas de 4ºESO, que colaborou con nos nas clases de baile dentro do Proxecto Deportivo de Centro e preparounos a "Salsa do Entroido"
martes, 18 de febreiro de 2020
A NOSA ALUMNA NOA LUTIER FINALISTA NA VII OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA
Este curso o IES Rafael
Dieste participa por primeira vez na Olimpíada filosófica de Galicia. Este certame,
que xa vai pola VII edición, ten varias modalidades de participación segundo o curso e os intereses
do alumnado e profesorado: Dilema moral, disertación, curtametraxe e
fotografía.
Cada ano, os organizadores
suxiren un tema diferente en torno ao que pensar. Este curso a Olimpíada propuxo
un temazo: O poder dos mitos.
Pois ben, a alumna Noa
Lutier, de 1º Bac A, foi seleccionada na modalidade de fotografía para
representar ao noso centro na final autonómica.
Esta cita que terá lugar o próximo xoves 20 de febreiro, reúne na
Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela a rapaces e rapazas de toda
Galicia que chegan á fase final. Noa defenderá o seu traballo diante dun
numeroso público entre o que se atopan, como non, os seus compañeiros e
compañeiras de clase.
A proposta de Noa é moi persoal. A autora propón unha reflexión chea de contrapuntos entre a
vida cambiante e os mitos inmóbiles, entre o que somos e o que queremos ser,
entre o individual e o colectivo, todo isto mediatizado polo poder dos mitos
como narracións que dan sentido ao noso mundo, que nos liberan ou nos
limitan.
Moita sorte Noa, aínda que
non a necesitas!!
luns, 17 de febreiro de 2020
CONFERENCIA DE ALFREDO G. CERDÁ
Esta mañá recibimos a visita do autor ALFREDO G. CERDÁ, para impartir unha conferencia ao alumnado de 2ºESO sobre o seu traballo como escritor e, en particular, sobre a novela "NINFA ROTA", que o alumnado deste curso ven de ler. Ao final da conferencia, amablemente firmou exemplares do seu libro ao alumnado que se acercou.
venres, 14 de febreiro de 2020
RETO #EuFísica / #YoFísica
Para festexar o Día da Muller e a Nena na Ciencia dentro da iniciativa 11F o Instituto de Física Teórica (IFT) propuxo o reto #YoFísica. Nel tentaba visualizar que a física, licenciatura onde as nenas están pouco representadas, é unha materia atractiva e son moitas as que lle gusta, pode ser que as veces só fai falta atravese.
Video:
Aquí máís información
Reto #EuFísica #YoFísica desde o Instituto de Física Teórica.
mércores, 12 de febreiro de 2020
XI OLIMPIADA DE XEOLOXÍA 2020, FASE GALEGA
Hoxe mércores 12 de febreiro 7 alumnos de 1º de Bach. de Bioloxía e Xeoloxía, irán a Olimpiada de Xeoloxía, fase galega que se desenvolverá na facultade de Ciencias da UDC no Campus de Elviña.
martes, 11 de febreiro de 2020
11-F: ALBA AGUIÓN NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2020
A iniciativa #11F quere a semana do 11 de febrero o "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia" invitando a que se organicen actividades para visibilizar a muller na Ciencia e animar as nenas a facer estudos científicos ou por extensión a que se atrevan a facer o que máis lles guste.
O martes #11F temos no noso instituto (para os rapaces de 1º de bach. de Cultura Científica), as 10:30 a Alba Aguión. Tedes aquí información do seu traballo e na útima aventura na que está embaracada ultimamente.
luns, 10 de febreiro de 2020
O DEPARTAMENTO DE PLÁSTICA CONVOCA CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: "O MAR"
PRAZO: A DATA LÍMITE DE ENTREGA DE TRABALLOS POSPONSE E AMPLÍASE UNHA SEMANA MÁIS CANDO NOS REINCORPOREMOS ÁS CLASES.
CONCURSO FOTOGRAFÍA
ORGANIZA O DEPARTAMENTO DE DEBUXO DO IES RAFAEL DIESTE.
COLABORAN: OS DEPARTAMENTOS DE XEOGRAFÍA-HISTORIA, MÚSICA, BIBLIOTECA E AMPA DO 'RAFAEL DIESTE'.
COLABORAN: OS DEPARTAMENTOS DE XEOGRAFÍA-HISTORIA, MÚSICA, BIBLIOTECA E AMPA DO 'RAFAEL DIESTE'.
BASES
As fotografías que se presenten ao concurso deben estar relacionadas co tema da Semana Cultural: O mar.
2. PARTICIPANTES
Podrán concorrer a este certame fotográfico todo o alumnado do IES sempre que os seus traballos se axusten ás bases do mesmo.
As fotografías deberán ser propiedade do autor que as presente ao certame.
Cada concursante poderá presentar ata tres imaxes, orixinais e inéditas.
As fotografías deberán presentarse en papel fotográfico, en branco e negro ou en cor.
O tamaño das fotografías orixinais será libre, pero, en ningún caso deberá sobrepasar o tamaño do soporte, co título da obra no reverso.
Cada fotografía deberá estar montada sobre un soporte ríxido (cartón pluma ou similar) de dimensións obrigatorias DIN A-4 (210x297mm).
A presentación da documentación realizarase en dous sobres pechados:
SOBRE 1:
No exterior soamente figurará o “lema” ou título da obra baixo o que se presenta a fotografía. O sobre conterá unha folla DIN A-4 cos datos persoais do concursante (nome, apelidos e grupo) e a localización da imaxe presentada ao concurso.
SOBRE 2:
No exterior soamente figurará o “lema” ou título da obra baixo o que se presenta a fotografía. O sobre incluirá exclusivamente a fotografía presentada en formato impreso. No dorso do soporte da fotografía figurará unicamente o lema elixido. A fotografía será anónima e non haberá no interior ou no exterior do sobre dato ningún que poida identificar o autor da foto, máis alá do propio lema.
A data límite de entrega dos traballos será o día 18 de marzo ás 14 horas.
Os traballos presentaranse na secretaría do Centro no seu horario de atención ao público.
Os premios que se outorgarán serán os seguintes:
O xurado resérvase o dereito de declarar deserto algún ou a totalidade dos premios se os traballos presentados non reunisen, ao seu criterio, os méritos suficientes. A decisión do xurado será inapelable.
10. ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios realizarase nun acto público no marco da exposición sinalada e durante a mesma, en día e hora por determinar.
As obras premiadas quedarán en propiedade do IES Rafael Dieste, que se reserva todos os dereitos sobre as mesmas e a súa posible publicación, citando o seu autor, aténdose, en todo caso,ao que dispón a Lei de Propiedade Intelectual.
As fotografías non premiadas poderán ser retiradas persoalmente polos seus autores unha vez rematada a exposición.
venres, 7 de febreiro de 2020
CONEXIÓN ANTÁRTIDA
Hoxe venres tivemos unha conexión en directo con Xavi Fonseca, xornalista da Voz de Galicia
A nosa conexión tivo contratempos, o noso micrófono non ía e Xavi non nos escoitaba. Tivemos que facela co móbil, pero a pesar de que o viamos en pequeno, escoitabámolo perfectamente. Fixemos unha chea de preguntas e Xavi Fonseca contestou moi claro, achegándonos unha chea de datos. A experiencia antártica encantounos!
Ligazón: ANTÁRTIDA XAVIER FONSECA
PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE AS PROBAS ABAU
A Comisión Interuniversitaria de Galicia vén de publicar na súa páxina web unha escolma das preguntas máis frecuentes formuladas polo alumnado, orientadoras/es e profesorado de ensino non universitario nos últimos anos. Trátase deste xeito de dar resposta a múltiples preguntas tanto sobre as propias probas como sobre o proceso de acceso á universidade para as tres universidades galegas. Deixámosvos a ligazón á páxina.
Ligazón a páxina web da CIUG.
mércores, 5 de febreiro de 2020
ALUMNADO 2ºBAC VISITAN ENDESA
Alumnado de 2ºBAC da asignatura de Física e Química do noso centro visitaron hoxe as instalacións de ENDESA en As Pontes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e
MUSE VIDEOS 2022
Etiquetas
1ºBAC
1ºESO
2ºBAC
2ºESO
3ºESO
4ºESO
8-M
ABAU
Abalar
Actividades
Artística
Audios
Autores
AuxiliaresConversa
Avaliación
Avisos
Becas
Bibliodieste
Bibliotecas
Blog
Calendario
Castelán
CiclosFP
Ciencias
Cine
ClubesLectura
Cociña
Compromiso
Concello
Concerto
Concursos
Conferencia
ConselloEscolar
Contacto
Convivencia
Convocatorias
Danza
Deporte
Diversidade
EDL
Ecoloxía
Ed.Física
Efemérides
Emerxencia
EnglishWeek
Enquisa
Entrevista
Entroido
EscolaPais
Exames
Excursión
Exposición
Festividades
Filosofía
Fotografía
Francés
FísicaQuímica
Galego
Graduación
Grego
Historia
Homecoming
Homenaxe
Idiomas
Impresos
Info
Inglés
Instituto
Integración
Intercambio
LGTBIQ+
Latín
Lembranzas
LibrosTexto
Literatura
MUSE
Matemáticas
Matrícula
Mediación
Medioambiente
Microrrelatos
Mulleres
Museos
Música
Nadal
Obituario
Obradoiro
Olimpíada
Orientación
Pendentes
Poesía
Premios
Prensa
ProgramasEducativos
ProxectoDeportivo
Radio
RadioFiestra
Samaín
Saúde
SemanaCultural
Ski
TIC
Teatro
Tecnoloxía
Titoría
Torneo
TrinityExams
Universidade
Viaxes
Vicedirección
Videos
Xadrez
Xornadas