Grazas á Universidade de A Coruña, onte o alumnado de 3ºESO puido visitar as pistas de atletismo de Elviña e exercitar as diferentes disciplinas: desprazamentos, saltos e lanzamentos. Algúns descubriron novas habilidades descoñecidas ata o de agora.
martes, 26 de novembro de 2019
luns, 25 de novembro de 2019
25-N DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES NO 'RAFAEL DIESTE'
25 de novembro de 2019, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Para sinalar e conmemorar esta data haberá unha concentración do alumnado no patio central ás 12:00 para a lectura dun comunicado de concienciación elaborado polo alumnado de 1º de Bacharelato.
Fotos da concentración e do mural preparado por 'BiblioDieste' a continuación.
Entrada xemelga @ ArquivosDoTrasno
Fotos da concentración e do mural preparado por 'BiblioDieste' a continuación.
Entrada xemelga @ ArquivosDoTrasno
mércores, 20 de novembro de 2019
SEGUIMOS CO PROXECTO DEPORTIVO 2019: FLASHMOB, BRILÉ E BALONCESTO
Tras os ensaios da coreografía do flashmob (foto superior) realizado en Marineda o pasado venres 15 no que participarou alumnado do noso centro...
Toda a información sobre o flashmob nesta ligazón a un artigo de "La Voz de Galicia":
Sede de arte no centro comercial
Alumnos de distintos centros da ciudade reclaman ensinanzas artísticas nas aulas cun «flashmob» en Marineda
...esta semana empezaron os campionatos de baloncesto e brilé, deixando dous recreos para baile.
Estade atentos aos calendarios dos partidos expostos na porta do ximnasio (foto superior), e no taboleiro do departamento de Educación Física. A disfrutar dos recreos.
sábado, 16 de novembro de 2019
DE VOLTA DE OS PEARES: BACK FROM THE 'ENGLISH WEEK'
Hoxe xa regresaron os 25 estudantes do 'Rafael Dieste' que pasaron esta semana en Os Peares no programa de inmersión lingüística "English Week".
Onte no derradeiro día da estadía realizaron as presentacións dos proxectos desenvolvidos ao longo da semana sobre o tema do medio ambiente e as 3R (reducir, reutilizar e reciclar).
Só resta darlles os parabéns a todo o alumnado participante pola súa boa actitude e participación durante toda a semana e as grazas á profesora acompañante (Leticia Ogando) e ao persoal da residencia.
Versión en inglés @ ClickOnEnglish
xoves, 14 de novembro de 2019
BECAS DO CONCELLO PARA CURSAR 1ºBAC NOS EE.UU 2020-21
Un curso máis, o Concello de A Coruña convoca as Becas "A CORUÑA NO MUNDO" 2020-21 para cursar 1º de Bacharelato nun High School nos EE.UU. Vai dirixido a todo o alumnado que cursa neste momento 4º da ESO.
PRAZO DE SOLICITUDE ENTRE O 18 DE NOVEMBRO E O 10 DE DECEMBRO 2019.
PRAZO DE SOLICITUDE ENTRE O 18 DE NOVEMBRO E O 10 DE DECEMBRO 2019.
Toda a información na web do Concello AQUÍ.
mércores, 13 de novembro de 2019
DISFRUTANDO INMERSOS NA "ENGLISH WEEK" EN OS PEARES.
Os 25 estudiantes de 3ºESO do "Rafael Dieste" están disfrutando da súa inmersión lingüística en inglés nunha residencia en Os Peares durante esta semana. Na metade da súa estadía envíannos esta foto dende alí.
Versión en inglés @ ClickOnEnglish.
Versión en inglés @ ClickOnEnglish.
sábado, 9 de novembro de 2019
VOTAMOS #ESTRELAROSALÍA DENDE O 'RAFAEL DIESTE'
Onte venres no Instituto recitamos a Rosalía de Castro, con versos onde a Lúa, o Sol, as Estrelas… eran protagonistas, animando a votar a #EstrelaRosalía.
Se queres axudarnos a que Rosalía de Castro sexa tamén unha estrela recoñecida oficialmente pola Unión Astronómica Internacional, ademais de votar por ela, podes difundir nas túas redes sociais e entre os teus contactos. A data límite das votacións é o día 12 de novembro.
Se queres axudarnos a que Rosalía de Castro sexa tamén unha estrela recoñecida oficialmente pola Unión Astronómica Internacional, ademais de votar por ela, podes difundir nas túas redes sociais e entre os teus contactos. A data límite das votacións é o día 12 de novembro.
+ INFO:
A Unión Astronómica Internacional (IAU, polas siglas en inglés) foi fundada hai un século, en 1919. Para celebrar o seu centenario, a IAU organizou a campaña mundial NameExoWorlds, que permite que cada país do mundo lle poña nome a unha estrela cun exoplaneta asociado.
A Unión Astronómica Internacional (IAU, polas siglas en inglés) foi fundada hai un século, en 1919. Para celebrar o seu centenario, a IAU organizou a campaña mundial NameExoWorlds, que permite que cada país do mundo lle poña nome a unha estrela cun exoplaneta asociado.
HD 149143 é a estrela asignada a España. É unha anana amarela parecida ao noso Sol situada a 240 anos luz de nós, na constelación de Ofiúco, o Serpentario. A súa magnitude relativa é 7,89, o cal a converte nun obxecto visíbel con prismáticos en ceos escuros. O exoplaneta HD 149143 b foi descuberto en 2005. É un xigante gasoso un pouco maior que Xúpiter que orbita a oito millóns de quilómetros da súa estrela: tarda só 4,1 días en dar unha volta completa arredor dela.
xoves, 7 de novembro de 2019
PROXECTO DEPORTIVO 2019: ALUMNADO 2ºESO DO 'DIESTE' PRACTICANDO ESGRIMA
Onte, alumnado de 2ºESO do noso centro asistiron á Sala de Esgrima do Club Esgrima Coruña na Casa de Auga para familiarizarse con esta práctica deportiva. Esta actividade realízase dentro do Proxecto Deportivo do centro.
O Club Esgrima Coruña convida a todo o alumnado de 2ºESO a oito clases gratuitas para coñecer a esgrima.
Videos:
mércores, 6 de novembro de 2019
'RAFAEL DIESTE' 30º ANIVERSARIO: 5 ANOS XA DA CELEBRACIÓN DO 25º ANIVERSARIO
Queremos recordar un aniversario, xa que naquel momento no tiñamos este blogue.
O 6 de novembro de 2014, xa fai 5 anos hoxe, celebramos no veciño Auditorio "Andrés Gaos" do Conservatorio Superior de Música de A Coruña, o acto conmemorativo do noso 25º aniversario como centro educativo. A mesa principal contou xunto co noso director entonces D. L. Fernando Gómez Sal coa presenza do Reitor Magnífico da Universidade de A Coruña D. Xosé Luís Armesto Barbeito e por parte de administración educativa, o noso inspector, tamén nese momento, D. Lisardo López Varela, como podedes ver na foto.
O 6 de novembro de 2014, xa fai 5 anos hoxe, celebramos no veciño Auditorio "Andrés Gaos" do Conservatorio Superior de Música de A Coruña, o acto conmemorativo do noso 25º aniversario como centro educativo. A mesa principal contou xunto co noso director entonces D. L. Fernando Gómez Sal coa presenza do Reitor Magnífico da Universidade de A Coruña D. Xosé Luís Armesto Barbeito e por parte de administración educativa, o noso inspector, tamén nese momento, D. Lisardo López Varela, como podedes ver na foto.
Programa:
- Apertura do acto polo Director do centro D. L. Fernando Gómez Sal.
- Intervención do profesor D. Miguel Mato Fondo: "Rafael Dieste: un nome para un proxecto educativo"
- Actuación musical a cargo de alumnado do centro.
Conferencia do Reitor Magnífico da Universidade de A Coruña, D. Xosé Luís Armesto Barbeito: "o instituto, a universidade e o dereito á educación".
- Peche musical: La Importancia (1933), poema para voz e piano.
Letra: Rafael Dieste.
Soprano: Susana de Lorenzo
Música: Miguel Brotóns.
Piano: Beatriz López-Suevos.
Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.
martes, 5 de novembro de 2019
UN "DON JUAN TENORIO" REINVENTADO PARA O ALUMNADO DE MÚSICA 1ºBAC
O Departamento de Música asistiu, xunto ao alumnado Música de 1º de Bacharelato á representación da obra de teatro clásico “Don Juan Tenorio” de José Zorrilla no auditorio do Centro Ágora este luns 3 de novembro.
A representación á que asistimos foi moi orixinal, xa que os decorados estaban videoproxectados en tres dimensións coa técnica do videomapping, e o texto clásico en verso de Zorrilla (ofrecido pola compañía teatral Noite Bohemia) acompañábase dunha parte de canto ofrecida polo Acorde Secreto, e a de danza, do ballet Druída.
Precisamente, estivemos dez días antes no ensaio da coreografía do espectáculo na escola de danza Druída, no que a súa directora, Chedes Suárez, explicounos as claves do espectáculo.
luns, 4 de novembro de 2019
O 'RAFAEL DIESTE' NA SEMUA IV: SEMANA DAS MÚSICAS DO AUDIOVISUAL
O Departamento de Música volveu a participar na IV Semana das Músicas do Audiovisual, un festival organizado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio do Concello da Coruña, a Orquesta Sinfónica de Galicia e a Banda Municipal de Música da Coruña que dá protagonismo ás músicas para cine, televisión e outros medios audiovisuais.
Cos alumnado de Música de 3º ESO estivemos o luns 28 de outubro no Teatro Colón no concerto ofrecido pola Banda Municipal de Música da Coruña, dirixida por David Fiuza, no que interpretaron músicas de bandas sonoras de obras audiovisuais españolas. Escoitamos músicas compostas por Carmelo Bernaola (as sintonías de Verano Azul e La Clave e das películas Espérame en el cielo, Tormento e Pasodoble), Capitán Trueno (Luis Ivars), así como as músicas de dúas cortametraxes do director Hugo de la Riva (El abducido-Una comedia humana e Blondi, el perro de Hitler) e o tema principal de Bienvenido, Mister Marshall.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e
MUSE VIDEOS 2022
Etiquetas
1ºBAC
1ºESO
2ºBAC
2ºESO
3ºESO
4ºESO
8-M
ABAU
Abalar
Actividades
Artística
Audios
Autores
AuxiliaresConversa
Avaliación
Avisos
Becas
Bibliodieste
Bibliotecas
Blog
Calendario
Castelán
CiclosFP
Ciencias
Cine
ClubesLectura
Cociña
Compromiso
Concello
Concerto
Concursos
Conferencia
ConselloEscolar
Contacto
Convivencia
Convocatorias
Danza
Deporte
Diversidade
EDL
Ecoloxía
Ed.Física
Efemérides
Emerxencia
EnglishWeek
Enquisa
Entrevista
Entroido
EscolaPais
Exames
Excursión
Exposición
Festividades
Filosofía
Fotografía
Francés
FísicaQuímica
Galego
Graduación
Grego
Historia
Homecoming
Homenaxe
Idiomas
Impresos
Info
Inglés
Instituto
Integración
Intercambio
LGTBIQ+
Latín
Lembranzas
LibrosTexto
Literatura
MUSE
Matemáticas
Matrícula
Mediación
Medioambiente
Microrrelatos
Mulleres
Museos
Música
Nadal
Obituario
Obradoiro
Olimpíada
Orientación
Pendentes
Poesía
Premios
Prensa
ProgramasEducativos
ProxectoDeportivo
Radio
RadioFiestra
Samaín
Saúde
SemanaCultural
Ski
TIC
Teatro
Tecnoloxía
Titoría
Torneo
TrinityExams
Universidade
Viaxes
Vicedirección
Videos
Xadrez
Xornadas