martes, 15 de outubro de 2019

"CLUB DIESTE": OS 24 CLUBES DE LECTURA 2019-20 DO 'RAFAEL DIESTE'




O proxecto Club de Lectura "CLUB DIESTE" do IES Plurilingüe "Rafael Dieste" leva funcionando xa 9 anos e recibindo as axudas de presuposto todos estes cursos. Agora mesmo somos o centro con máis clubes en funcionamento. O obxectivo fundamental é despertar ou acrecentar a afición pola lectura entre o alumnado.

Neste curso 2019-2020 temos en funcionamento:
- 24 grupos3 de 1ºESO, 3 de 2ºESO, 4 de 3ºESO, 4 de 4ºESO, 5 en 1ºBAC e 5 en 2ºBAC. O que implica:
- 22 profesores (2 deles levan 2 clubes). 13 profesores de materias lingüísticas, 3 de ciencias, 1 de xeografía-historia, 1 de música, 1 de orientación e 1 de persoal de administración e 1 do persoal da cafetería.
- 240 lectores ("trasnos"). O éxito da actividade segue batendo marcas e aínda hai alumnado de reserva por non ter exemplares suficientes ou persoal para poder atendelos a todos. Supoñen xa un 43% do total do noso alumnado. Quedan na reserva 33 estudantes sen poder incorporarse a ningún grupo, intentando solventalo.
- Este curso contamos con 2 grupos de lectura en inglés e inauguramos 1 en francés.
- As actividades do club inclúen: participación no concurso de microrrelatos e booktrailers que organiza o Ágora polo grupo DADO conmemorando o Día das Letras Galegas, outros actos organizados pola biblioteca escolar, visitas de escritores-autores, lecturas dramatizadas, proxeccións...
As reunións terán lugar na biblioteca, na aula 307, un espazo novo do que dispoñeremos desde este curso como propio do club (que durante o verán estivemos acondicionando para que se parecese o mais posible a un espazo de lectura e non ás aulas), e nas aulas materia dos diferentes departamentos. Todos os trasniños e trasniñas serán atendidos nos recreos excepto tres grupos de bacharelato, que terán as súas reunións os martes ás 15.40 e as 18.10.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores