xoves, 27 de xuño de 2019
mércores, 26 de xuño de 2019
VISITAS GUIADAS DO CLUB DE LECTURA
Hoxe alumnado de 1ºBAC participaron nunha visita ao Cemiterio de San Amaro dentro dunha actividade complementaria para o alumnado participante nun dos Clubes de Lectura desenvolvidos durante este curso que xa remata.
CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO 2019
AVISO EXAMES SETEMBRO 2019
O alumnado de 4º de ESO ao que lle coincidan os exames de Tecnoloxía e
TIC realizarán o exame de TECNOLOXÍA ás 16:30 hs. e o de TIC ás
18:00 hs o MARTES 3 de SETEMBRO.
venres, 21 de xuño de 2019
FESTIVAL FIN DE CURSO 2019
Hoxe venres 21 de xuño rematan as clases e celebramos no noso salón de actos o festival de fin de curso, en distintas sesións para que todo o alumnado poida disfrutalo.
Pasámolo ben coa alegría de saber que empezan as vacacións.
Que sexan boas para todos!
mércores, 19 de xuño de 2019
PARTICIPAMOS NO #EVOPOD02
Compartimos video dunha tertulia sobre a Evolución Humana con investigadores da Atapuerca na que participarou o noso alumnado de 4ºESO formulando preguntas.
Video:
martes, 18 de xuño de 2019
DATAS DE MATRICULACIÓN PARA O CURSO 2019-20 E DOCUMENTACIÓN NECESARIA.
Nunha entrada anterior incluíamos información importante sobre o final de curso. Recordamos aquí as datas de matrícula para cada curso e a documentación necesaria:
25 xuño: novo alumnado de 1ºESO
26 xuño: alumnado de 2ºESO
27 xuño: alimnado de 3º e 4ºESO
28 xuño: alumnado de 1º e 2ºBAC
Documentación necesaria:
- Orixinal e fotocopia do impreso de matrícula, unha vez cuberto.
- Fotocopia do DNI ou Libro de Familia.
- Dúas fotografías actualizadas tamaño carnet.
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria para os alumnos de 1º e 2º ESO.
- Para os alumnos de 3º e 4º ESO, e 1º e 2º BAC, recibo do pago do Seguro Escolar de 1,12 €, recollido en Conserxería.
- Fotocopia do Boletín das últimas cualificacións.
- Fotocopia do DNI ou Libro de Familia.
- Dúas fotografías actualizadas tamaño carnet.
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria para os alumnos de 1º e 2º ESO.
- Para os alumnos de 3º e 4º ESO, e 1º e 2º BAC, recibo do pago do Seguro Escolar de 1,12 €, recollido en Conserxería.
- Fotocopia do Boletín das últimas cualificacións.
TRABALLOS ARTÍSTICOS DO ALUMNADO DE 3º E 4º ESO EN DEBUXO
Exposición de traballos do alumnado da asignatura de Debuxo de 3º e 4º da ESO coa profesora Ana Cuiñas.
venres, 14 de xuño de 2019
xoves, 13 de xuño de 2019
PROGRAMAS DE LECER SAUDABLE NOS CENTRO CÍVICOS DA CIDADE PARA O VERÁN 2019
Na ligazón que incluimos tedes a información sobre as actividades de lecer gratuitas para a mocidade nos centro cívicos municipais durante os meses de xullo e agosto de 2019. O prazo de inscrición é dp 25 ao 27 de xuño de 11:00 a 13:00h e de 17:30 a 19:30h en cada un dos centros respectivos donde se realice a actividade que vos interese.
+ info: "LECER SALUDABLE VERÁN 2019"
venres, 7 de xuño de 2019
CONFERENCIA DE LLUÍS MONTOLIU: "EDITANDO XENES"
O Dr. Lluís
Montoliu é xenetista e biotecnólogo, investigador en enfermidades raras, como
albinismo, a través do uso de modelos animais editados xeneticamente con
ferramentas CRISPR,
do que é pioneiro no noso país, ferramentas posibles grazas aos descubrimentos
en bacterias da salina de Santa Pola por un microbiólogo da Universidade de
Alacante; Francisco Martínez Mojica.
Lluís
Montoliu (Barcelona
1963) é licenciado (1986) e doutor (1990) en Bioloxía pola Universidade de
Barcelona. Actualmente é investigador do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB-CSIC) en Madrid. desde 1997. En 2007 foi nomeado científico titular no Centro Biomédico Español, Centro de Investigación de Redes en Enfermidades Raras (CIBERER).
Máis info @ blogue "Laboratorio de Ciencias".
Máis info @ blogue "Laboratorio de Ciencias".
Hoxe recibimos no noso centro a visita do xenetista, biotecnólogo e investigador Lluís Montoliu quen impartíu a conferencia "Editando xenes" para o alumnado de ciencias de 4ºESO e 1ºBAC. Arriba as fotos durante e despois da conferencia. Ademáis, Lluís dedicou para a nosa biblioteca un dos seus libros. Nesta foto da esquerda aparece coa profesora do Departamento de Ciencias, Marisa Castiñeira, diante da vitrina "Encontros do IES" da nosa biblioteca donde se atopa o seu libro.
martes, 4 de xuño de 2019
INFORMACIÓNS DEP. ORIENTACIÓN: CRITERIOS AVALIACIÓN E OPCIÓNS DE ASIGNATURAS-ITINERARIOS DOS DIFERENTES CURSOS
O Departamento de Orientación do noso instituto ven de publicar na nosa páxina web unha serie de informacións para que alumnado de cada un dos niveis saiban os criterios de promoción, as asignaturas que terán e as que poderán escoller no vindeiro curso. Tamén aquí tedes ligazóns a estas informacións.
- INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 1ºESO
- INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 2ºESO
- INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 3ºESO
- INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 4ºESO
- INFORMACIÓN PARA ALUMNADO DE BACHARELATO - ITINERARIOS
- INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 2ºBAC
luns, 3 de xuño de 2019
II ENCONTRO MUS-E GALICIA 2019 "CreAccion Compartida"
Celebrouse o II Encontro MUS-E de Galicia no CEIP Raquel Camacho, ca participación de todos os centros MUS-E de Galicia (o CEIP San Pedro de Visma, o CEIP Raquel Camacho, o CEIP Ría do Burgo, o IES Agra Do Orzán e o noso centro tamén) coa implicación de máis de 300 menores, xunto co seu profesorado e cos artistas MUS-E de Galicia.
Un gran traballo realizado con gran calidade e no que houbo moita implicación de todos, coa idea de ‘Pasar á acción’, que foi o motor forza deste curso no Programa MUS-E.
O II Encontro MUS-E Galicia ‘CreAcción Compartida’ basouse en accións de proceso creativo a través das diferentes disciplinas artísticas que poideron experimentar e compartir todos os rapaces participantes.
+ info na páxina web da Fundación Yehudi Menuhin AQUÍ
Video:
domingo, 2 de xuño de 2019
EMPATÍA E INTEGRACIÓN NA CLASE DE HISTORIA DA ARTE 2ºBAC
O Departamento de Xeografía e Historia este curso tivo que afrontar o reto de impartir a materia de Historia da Arte de 2º BAC a unha alumna cega. Ademais de contar cos libros e láminas da ONCE, ó longo deste meses algúns alumnos e profesores colaboraron na elaboración de materiais diversos para facilitar a integración desta alumna na aprendizaxe de conceptos específicos das artes visuais.
Nas fotos aparecen o alumnado de Arte deste curso xunto coas profesoras Inma Mato, Anne Pawtowska, a alumna cega Marina Blanco e unha das coidadoras do centro Elena Brenlla.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e
MUSE VIDEOS 2022
Etiquetas
1ºBAC
1ºESO
2ºBAC
2ºESO
3ºESO
4ºESO
8-M
ABAU
Abalar
Actividades
Artística
Audios
Autores
AuxiliaresConversa
Avaliación
Avisos
Becas
Bibliodieste
Bibliotecas
Blog
Calendario
Castelán
CiclosFP
Ciencias
Cine
ClubesLectura
Cociña
Compromiso
Concello
Concerto
Concursos
Conferencia
ConselloEscolar
Contacto
Convivencia
Convocatorias
Danza
Deporte
Diversidade
EDL
Ecoloxía
Ed.Física
Efemérides
Emerxencia
EnglishWeek
Enquisa
Entrevista
Entroido
EscolaPais
Exames
Excursión
Exposición
Festividades
Filosofía
Fotografía
Francés
FísicaQuímica
Galego
Graduación
Grego
Historia
Homecoming
Homenaxe
Idiomas
Impresos
Info
Inglés
Instituto
Integración
Intercambio
LGTBIQ+
Latín
Lembranzas
LibrosTexto
Literatura
MUSE
Matemáticas
Matrícula
Mediación
Medioambiente
Microrrelatos
Mulleres
Museos
Música
Nadal
Obituario
Obradoiro
Olimpíada
Orientación
Pendentes
Poesía
Premios
Prensa
ProgramasEducativos
ProxectoDeportivo
Radio
RadioFiestra
Samaín
Saúde
SemanaCultural
Ski
TIC
Teatro
Tecnoloxía
Titoría
Torneo
TrinityExams
Universidade
Viaxes
Vicedirección
Videos
Xadrez
Xornadas