Semana da Muller e a Nena na Ciencia
no IES "Rafael Dieste", 5-9 Feb.
A vindeira semana do 5 ao 9 de febreiro, o IES Plurilingüe "Rafael Dieste" vai celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se conmemora oficialmente o día 11 de febreiro.
no IES "Rafael Dieste", 5-9 Feb.
A vindeira semana do 5 ao 9 de febreiro, o IES Plurilingüe "Rafael Dieste" vai celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se conmemora oficialmente o día 11 de febreiro.
Haberá charlas por parte de Eva Poveda (investigadora do Centro de Investigacións Biomédicas), Javier Pedreira (responsable de informática dos Museos Científicos coruñeses) e de alumnas do noso centro que participaron en actividades de divulgación donde a muller é protagonista.
Tamén haberá xogos, exposicións e visionado de películas, miniseries TV e programas de radio sobre o tema.
Máis información nestes enlaces:
ACTUALIZACIÓN 14/FEB
Entre as actividades realizadas estaba tamén a exposición preparada polo alumnado de ciencias que ofrecía folletos informativos de mulleres que tiveron un papel importante na disciplina científica e unha mostra de libros sobre o tema.
Esta exposición tivo lugar na nosa biblioteca. Estas fotos son a mostra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario