sábado, 18 de marzo de 2023

SEIS ESTUDIANTES DO 'RAFAEL DIESTE' GALARDONADOS NO XVIII CONCURSO LITERARIO "RITA SUÁREZ AMADO"

Todas as fotos: Miguel Miramontes ("La Voz de Galicia")
 

Onte á tarde entregarónse no IES "Eusebio da Guarda" os premios da XVIII edición do Concurso Literario "RITA SUÁREZ AMADO", en homenaxe e recordo a unha antigua alumna dese centro. O certamen premia en diferentes categorías de idade tanto a relatos curtos como poesías.

O noso instituto foi o que acadou o máximo número de premios, 6 en total, de entre un amplo número de inscritos. O noso alumnado foi animado e asesorado a participar pola profesora do noso Departamento de Lingua e Literatura Castelá: MERCEDES GARROTE.

Os nomes do noso alumnado premiado son:

NIVEL 1

Relato curto: CLAUDIA GARCÍA MARTÍN (2ºESO-A) - gañadora

Poesía: OIHANA PIÑEIRO PIÑEIRO (2ºESO-C) - gañadora

NIVEL 2

Relato curto: GIULIA MAYOR KEHL (3ºESO-D) gañadora

                       LEDA TINAQUERO VIZOSO (3ºESO-C) accésit

Poesía: IKER MANTEIGA CENDÓN (3ºESO-B) gañador

              VALERIA ORTIZ ARIAS (3ºESO-C) accésit

Parabéns para o alumnado gañador e á profesora!

A noticia en "LA VOZ DE GALICIA":

O concurso dedicado a Rita chega á maioría de idade (Pablo Portabales)





venres, 17 de marzo de 2023

O INVESTIGADOR DO CSIC, LUIS BLANCO DÁVILA, DA UNHA CONFERENCIA NO 'RAFAEL DIESTE'




O venres 17 de marzo tivemos no IES Rafael Dieste ao profesor investigador do CSIC no Centro de Biología Molecular Severo Ochoa, Luis Blanco Dávila para darnos unha charla, “Descubriendo nuevas DNA Polimerasas”, dos seus estudios sobre DNA Polimerasas, encimas -moléculas- que len e duplican o DNA (molécula do núcleo das nosas células onde está a información xenética). Luis Blanco é discípulo de Margarita Salas e xunto con ela e con Antonio Bernad crearon unha das patentes biotecnolóxicas máis importantes de España.
Na charla que deu no noso instituto e como homenaxe á súa mentora, Luís percorreu a súa traxectoria de investigación sobre DNA polimerasas, deténdose no seus estudios mais actuais sobre un novo sistema de amplificación de DNA, chamado TruePrime, que é capaz de amplificar fragmentos de DNA tumoral que se atopan circulando nos nosos fluidos, e que pode detectarse no que se coñece como biopsias líquidas.





 Video-entrevista a Luís Blanco Dávila:

xoves, 16 de marzo de 2023

VI XORNADAS DE FORMACIÓN DE MEDIADORES




Os días 22 e 23 de marzo de 16:30 a 19h, terán lugar no instituto as "VI Xornadas de Formación de Mediadores" ás que están invitados todos os membros da comunidade escolar.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores