Onte o noso alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu ao musical "WICKED" que se representou no IES "Manuel Buján" de Cambre.
xoves, 1 de xuño de 2023
mércores, 31 de maio de 2023
NA DESPEDIDA Á NOSA AUXILIAR DE CONVERSA, SARAH WADE
Hoxe é o último día lectivo da nosa auxiliar de conversa SARAH WADE. A lectora americana que nos acompañou este curso 2022-23.
Dende aquí, so queremos agradecerlle o seu traballo, e a súa amabilidade e disposición. Esperamos que sexa un "ata pronto" porque hai posibilidades de que volva o curso que ven.
NOVA CAMPAÑA POLA LINGUA: A RAPAZADA DO IES "RAFAEL DIESTE" PREPARA A BANDA SONORA DO CURSO 2022/23
“A prensa fala nestes días que as Tanxugueiras disputan o escenario mundial con Beyoncé, Bad Bunny ou Rosalía, pero... e que outras cousas hai para nos ofrecer?”
A esta pregunta dálle resposta a mocidade coruñesa que estuda no IES Rafael Dieste, e por iso lanzan agora unha nova campaña de promoción da lingua entre a xuventude que pon o foco na música galega contemporánea.
Do rap ao indie ou do trap ao rock, pasando polos ritmos da bachata, o reggaeton ou a música disco. Porque hai un universo sonoro por descubrir na nosa lingua.
Un ramallete florido de solistas e agrupacións que, moitas veces sen a promoción dos medios, se abren ao mundo construíndo cultura e engordando o patrimonio galego con cada creación.
Após un traballo intenso de pescuda por este universo musical, o alumnado do primeiro ciclo da ESO, e baixo a coordinación do profesor Alberto Pombo, propúxose crear 40 recomendacións individualizadas que se divulgarán en formato póster.
Deste xeito, cada un dos alumnos que participa no proxecto escolle unha banda e manifesta as razóns da súa recomendación ou explica que sinte cada vez que os escoita. Aínda, cada póster inclúe un código QR que liga para o traballo audiovisual preferido en cada banda.
Por outra banda, tamén se presenta unha playlist (sptfy.com/NHAW) con máis de 100 temas de 100 grupos diferentes. Cancións escollidas polo alumnado para que a cultura sexa transmitida entre iguais e baixo os seus propios gostos: Sondarúa, C Mirazo, Boyanka Kostova, Zavala, Os amigos dos músicos, Hydn, Dj Rokiño, Secho y los invisibles, The Rapants, Quartzo e un, por fortuna, longuísimo etcétera.
Ademais, este traballo contará coa colaboración e a promoción externa da plataforma Galeguiza_t (páxina referencial na difusión da música en galego e premio Mil Primaveras ao mellor proxecto de promoción da lingua entre a mocidade) que divulgará o traballo do alumnado desde a súa páxina na rede social instagram (@galeguiza_t).
A música galega xa ten predicamento entre a mocidade coruñesa que estuda no Dieste. Mocidade que, con esta nova iniciativa normalizadora, pretende sumar máis unha forza para espallar cultura e lingua, agora en forma de canción, por fóra dos muros do instituto.
3... 2... 1... Dentro música!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e
MUSE VIDEOS 2022
Etiquetas
1ºBAC
1ºESO
2ºBAC
2ºESO
3ºESO
4ºESO
8-M
ABAU
Abalar
Actividades
Artística
Audios
Autores
AuxiliaresConversa
Avaliación
Avisos
Becas
Bibliodieste
Bibliotecas
Blog
Calendario
Castelán
CiclosFP
Ciencias
Cine
ClubesLectura
Cociña
Compromiso
Concello
Concerto
Concursos
Conferencia
ConselloEscolar
Contacto
Convivencia
Convocatorias
Danza
Deporte
Diversidade
EDL
Ecoloxía
Ed.Física
Efemérides
Emerxencia
EnglishWeek
Enquisa
Entrevista
Entroido
EscolaPais
Exames
Excursión
Exposición
Festividades
Filosofía
Fotografía
Francés
FísicaQuímica
Galego
Graduación
Grego
Historia
Homecoming
Homenaxe
Idiomas
Impresos
Info
Inglés
Instituto
Integración
Intercambio
LGTBIQ+
Latín
Lembranzas
LibrosTexto
Literatura
MUSE
Matemáticas
Matrícula
Mediación
Medioambiente
Microrrelatos
Mulleres
Museos
Música
Nadal
Obituario
Obradoiro
Olimpíada
Orientación
Pendentes
Poesía
Premios
Prensa
ProgramasEducativos
ProxectoDeportivo
Radio
RadioFiestra
Samaín
Saúde
SemanaCultural
Ski
TIC
Teatro
Tecnoloxía
Titoría
Torneo
TrinityExams
Universidade
Viaxes
Vicedirección
Videos
Xadrez
Xornadas




.jpeg)

