O alumnado de 2ºBAC do "RAFAEL DIESTE" celebraron o pasado venres 10 de xuño o seu acto de graduación. Nunhas datas algo mais retrasadas do habitual, xa que ese ano esperaron a terse presentado ás probas da ABAU. Pero xa relaxados, este curso poidéronse reunir de novo o alumnado, o profesorado e as familias para festexar o momento.
Parabéns e moita sorte para tod@s eles no seu futuro!
Actualizamos con máis fotos e o video do acto:
Os presentadores: Lucía Orrico e Alfredo Arcos
O discurso do director Mateo Torres:
Os discursos do alumnado: Lorena Enríquez, Daniel Mora e Ian González:
O grupo de diversidade e de apoio afectivo-sexual do noso centro, DiverXentes viaxaron onte á cidade de Vigo para visitar a Asociación Nos Mesmas e tamén a Asociación Pvlse, para coñecer de primeira man a labor realizada por estas asociacións. Nós Mesmas loita polos dereitos das mulleres lebianas, bisexuais e transexuais. Pvlse é unha organización de gays e lesbianas que traballan de xeito transversal os dereitos sociais da cidadanía.
Agradecemos toda a información e o traballo de ambas asociacións na concienciación e formación nestes ámbitos.