mércores, 10 de febreiro de 2021

CONCURSO CARTEL PARA 8-MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A Xunta de Galicia convoca un concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia en tres categorías:


  • 1ª Categoría.- Alumnado de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.

  • 2ª Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO).

  • 3ª Categoría.- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

     

Prazo de presentación: ata o 23 de febreiro de 2021

 Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo, á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I, que son os datos do alumnado e do Centro educativo, ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal

Esta forma de envío non exime aos centros de entregar os traballos de acordo coas bases do concurso.

As bases do concurso pódense consulta neste enlace AQUÍ


 

sábado, 6 de febreiro de 2021

LOLI PATIÑO NO RECORDO

Lamentamos comunicar a triste noticia do pasamento de Loli Patiño, que traballou como conserxe no noso instituto.
DEP.


 

luns, 1 de febreiro de 2021

OBRADOIROS DE FORMACIÓN DA RADIO NA ESCOLA NO "RAFAEL DIESTE"


Ao longo da semana pasada tiveron lugar as xornadas de formación de radio na escola para alumnado da ESO e profesorado. Durante 4 días algúns grupos de alumnado da ESO e os seus profesores e profesoras  aprenderon como se fai un programa de radio escolar e como podemos utilizalo para traballar nas distintas materias, na biblioteca, mediación etc..
A formación estivo impartida por Lucia Rodriguez, da asociación AGARESO (Asociación galega de reporteros solidarios). Estes cursos son unha iniciativa da de Biblioteca do Instituto.
A actividade tamén tivo difusión na prensa local:



[Foto e ligazón ao artigo en "La Opinión A Coruña"]

Podedes escoitar os programas nesta ligazón: Programas de RadioFiestra
 

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores