venres, 8 de maio de 2020

CONFERENCIA ONLINE DE CASTO RIVADULLA


Seguimos a celebrar conferencias ainda no confinamento. Hoxe temos una conferencia por internet de Casto Rivadulla "Estás seguro do que ves?" para o alumnado de Bacharelato. Hoxe ás 12:30 pola rede.

Ampliamos e actualizamos información:

O venres 8 de maio tivemos a Casto Rivadulla en conferencia on line para os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º e 2º de bacharelato IES Purilingüe Rafael Dieste.

Casto Rivadulla é profesor de Fisioloxía na Universidade da Coruña. Investigador en Neurociencia. Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, becario Fullbright no Massachussets Institute of Technology, actualmente membro do grupo de investigación NEUROCOM

A conferencia titulouse: Estás seguro do que ves? Foi unha explicación dalgúns aspectos do funcionamento dos sentidos, a través das imaxes e as ilusións.



Tamén falounos como os magos e ilusionistas, tamén artistas, utilizan e dominan a percepción humana, facendonos ver ou non ver aquelo que eles queren.
Rematou a conferencia cos dous consellos que salientábeis para manter en boa forma ao noso cerebro; facer exercicio físico e sobre todo durmir ben (polo menos de seguido 8 horas)
Casto Rivadulla presentou un libro o  ano pasado; A que cheiran as cores?, onde responde a cuestións curiosa mentres nos explica, dun xeito divertido e sinxelo, o funcionamento do cerebro. Estaremos a espera de que veña a firmalo a o noso instituto.

mércores, 6 de maio de 2020

ACORDO PARA A ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES



Ven de publicarse no DOG de hoxe, o acordo para continuar co procedemento de admisión do novo alumnado no noso instituto.

A partir do vindeiro LUNS 11, o centro abrirá de 9:00h a 14:00h exclusivamente para tramitar a documentación referente a este procedemento.

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021


PARA NOVO ALUMNADO PROCEDENTES DE CENTROS NON ADSCRITOS.
1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado 
en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se de-
clarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o 
día 18 do mesmo mes.
O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión 
do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa pre-
sentación.
2. Novos prazos do procedemento.
a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento 
administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de 
admisión reduciranse á metade. 
b) Novos prazos do proceso: 
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de 
maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 
9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días 
hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de 
xuño de 2020.
● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bachare-
lato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores