xoves, 4 de abril de 2019

"EUROPEAN MARITIME DAY 2019" NO 'RAFAEL DIESTE'

Participamos no  Bring European Maritime Day to your country unha actividade para concienciar sobre o problema do plástico no mar.
A conferencia do Día Marítimo Europeo 2019 levarase a cabo en Lisboa, Portugal. Pero son moitos os distintos eventos que se desenvolverán en distintas localidades de toda Europa e no noso país.


martes, 2 de abril de 2019

CONFERENCIA DE ANDRÉS NEUMAN


Hoxe no 'Rafael Dieste' recibimos a visita do narrador, poeta, traductor, blogueiro e columnista hispanoarxentino Andrés Neuman que veu a ofrecer unha charla sobre o seu traballo e a súa obra ao alumnado de 1ºBAC.

luns, 1 de abril de 2019

INTERCAMBIO 2019: ALTKÖNIGSCHULE, KRONBERG IM TAUNUS - IES Plurilingüe RAFAEL DIESTE, A CORUÑA


Comeza hoxe o Intercambio Escolar 2019. Este curso iniciamos unha relación cun novo centro alemán, o Altkönigschule en Kronberg im Taunus, preto de Frankfurt. O alumnado do noso centro viaxa hoxe ata alí para estar durante unha semana. O día 29 de abril virá o alumnado alemán para a súa estadía dunha semana na nosa cidade. 
Coma sempre, o alumnado convivirá coas familias correspondentes e asistirá a algunha actividade escolar en cada un dos institutos e terán preparadas visitas e excursións a lugares de interese da contorna. Participan doce estudantes nosos e quince alemáns.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores