Educación secundaria obrigatoria
O vindeiro 11 de xuño terá lugar a publicación no DOG da Orde do 3 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024-2025.
O procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico terá dúas fases diferenciadas:
- Na primeira fase, o alumnado formalizará no seu centro educativo a matrícula na proba dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico (proba PEE), sen requisito de nota media.
- Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEE, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de ESO ao rendemento académico.
A proba PEE terá lugar o 26 de xuño de 2025. Os lugares de realización da proba publicaranse no portal educativo e na páxina de PremiosEdu.
O prazo de matrícula para realizar a proba PEE será de 5 días hábiles, do 12 ao 18 de xuño e 2025, ambos inclusive.
A matrícula realizarase nos centros educativos empregando o Anexo I.
Bacharelato
Publicada no DOG a Orde de 27 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024-2025.
O procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de bacharelato terá dúas fases diferenciadas:
- Na primeira fase, o alumnado deberá solicitar no seu centro educativo a matrícula na proba dos premios extraordinarios de bacharelato (proba PEB).
- Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEB, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de bacharelato.
A proba PEB terá lugar o 18 de xuño de 2025. Os lugares de realización da proba publicaranse no portal educativo e na páxina de PremiosEdu.
O prazo de matrícula para realizar a proba PEB será de 5 días hábiles, do 4 ao 10 de xuño de 2025, ambos inclusive.
A matrícula realizarase nos centros educativos empregando o Anexo I.