venres, 1 de decembro de 2023

AQUÍ TAMÉN SE FALA! +


 Moi boa tarde compañeiras, 

despois da excelente acollida que tivemos coas accións do curso pasado, no IES Rafael Dieste lanzamos unha nova campaña de Dinamización que se estenderá por diversos centros da faixa atlántica, mais a participación fica aberta para quen se quixer sumar! 

Traemos 4 cousas novas (de momento) para este ano: 

1) Estreamos unha web propia na que iremos anunciando novidades e ampliando seccións

2) Sumamos a forza dos IES de Mos, IES da Illa de Arousa, IES de Coruxo, IES Luís Seoane e CIFP Universidade Laboral na colaboración co IES Rafael Dieste.

3) Creamos a sección #aquítaménseCANTA que inauguramos con Lucía Aldao! Serán pequenos concertos acústicos cos que entramos no mundo da gravación para espallar cultura galega nas redes, como podedes ver no video mais abaixo.

4) Alén da web estamos en youtube, tiktok e instagram @aquitaménsefala.  

E non é todo. Porque en moi pouco tempo sairán aínda novas colaboracións con institucións e empresas que irán anunciando nas redes, a carón dunha sección de entrevistas e outra con breves vídeos realizados por referentes culturais e deportivos animando a usar a lingua galega.

 

Finalmente, un convite á participación co que animan a calquera centro que desexe participar no proxecto contactando previamente co instituto coruñés en calquera das redes sociais de @aquítaménsefala.

Agradécese se o podedes compartir e seguir!

Moito obrigado, 
Alberto Pombo

Aquí tamén se fala! 

Video sesión 1 con Lucía Aldao. Lucía Aldao, do proxecto poético-musical AldaoLado, chega ao IES Rafael Dieste para inaugurar unha nova sección que desenvolvemos desde o colectivo #AquíTaménSeFala para a promoción da música galega. Gravación ao vivo realizada no 28 de novembro de 2023 no auditorio do IES Rafael Dieste (A Coruña) por Oli Rivas, Raúl Martínez, Darío Oliva, Noa Tajes, Martín Pastor, Gonzalo Cedeño e Román Rojo (membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores