O venres 15 de decembro tivemos no instituto dúas charlas do programa de Charlas Divulgativas do IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías) organizadas desde os departamentos de Física e Química e de Bioloxía.
A primeira correu a cargo de Pablo Cabanelas Eiras que veunos falar da : Radiación e radioactividade: da enerxía nuclear á imaxe médica. Pablo explicou desde que é a radioactividade ata as aplicacións médicas desta.
A segunda charla da mañá foi impartida por Víctor Pérez Pardo do IGFAE que veunos falar da orixe do Universo, o seu desenvolvemento, desde os primeiros e cruzáis segundos ata a formación das galaxias… e a nosa Terra. Título: Que aconteceu despois do Big Bang.
Ningún comentario:
Publicar un comentario