venres, 17 de xaneiro de 2020

"DE XENÉTICA E ESTRELAS...": CONFERENCIA CIENTÍFICA DE ÁNGEL CARRACEDO NO 'RAFAEL DIESTE'



Hoxe venres 17 de xaneiro contamos coa presencia do Doutor en Medicina Ángel Carracedo que virá a dar unha conferencia ao alumnado de ciencias de 4ºESO, 1º e 2ºBAC, para entre outras cuestións:

 Coñecer a importancia da investigación científica. 

 Comprender o valor do esforzo e paixón. 

 Valorar a ciencia como fonte de coñecemento, benestar, desenvolvemento e gozo intelectual.

Ligazón a fotos do acto: AQUÍ.

Biografía:
Premio Extraordinario de Licenciatura en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1978 e Doutor en Medicina pola mesma universidade en 1982 tamén con Premio Extraordinario. Catedrático de Medicina Legal da USC desde o ano 1989 e foi director do Instituto de Medicina Legal da mesma entre 1994 a 2012. Actualmente dirixe a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS, Xunta de Galicia) e o Centro Nacional de Genotipado- ISCIII (CEGEN) desde os anos 1999 e 2002 respectivamente. Coordina o Grupo de Medicina Xenómica da USC que integra dez grupos de investigación, plataformas tecnolóxicas de última xeración e preto de 100 membros de persoal investigador de diferentes nacionalidades. Ademais é xefe de grupo do CIBERER (Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Raras) e Coordinador da área de Xenética e Bioloxía de Sistemas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). Sumados aos cargos relatados anteriormente, Anxo Carracedo é presidente da International Society for Forensic Genetics (ISFG), Vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal, coordinador da Rede europea de estandarización do ADN, da Rede Iberoamericana de Xenética Molecular aplicada á medicina forense, membro do Grupo Europeo do ADN e da Comisión de ADN da Comisión de Xustiza dos Estados Unidos de América (USA) e organismos reguladores como a Axencia Europea do Medicamento (EMA), o Comité da Cruz Vermella Internacional ou o Consorcio Internacional de Enfermidades Raras (IRDiRC); forma parte do consello asesor científico do Ministerio de Sanidade do goberno de España e da Consellería de Saúde da Xunta de Galicia. Dentro do campo académico, é editor da revista Forensic Science International: Genetics (a de maior impacto da área forense) e membro do consello editorial de numerosas revistas internacionais de xenética, cancro e medicina forense.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores