luns, 21 de xaneiro de 2019

CLUBES DE LECTURA DO 'RAFAEL DIESTE'


Queremos salientar hoxe nesta entrada unha das actividades que máis éxito está a ter nos últimos cursos no noso instituto: o CLUB DE LECTURA.

O proxecto Club de Lectura "O TRASNO NA REDE" do IES Plurilingüe "Rafael Dieste" leva funcionando xa 8 anos e recibindo as axudas de presuposto todos estes cursos. Agora mesmo somos o centro con máis clubes en funcionamento e recibindo polo tanto a axuda máis importante. O obxectivo fundamental é despertar ou acrecentar a afición pola lectura entre o alumnado.

Neste curso 2018-2019 temos en funcionamento:
- 19 grupos: 2 de 1ºESO, 4 de 2ºESO, 3 de 3ºESO, 2 de 4ºESO, 4 en 1ºBAC e 4 en 2ºBAC. O que implica:
- 17 profesores (2 deles levan 2 clubes). 11 profesores de materias lingüísticas, 3 de ciencias, 1 de xeografía-historia, 1 de orientación e 1 de persoal de administración.
- 193 lectores ("trasnos"). O éxito da actividade segue batendo marcas e aínda hai alumnado de reserva por non ter exemplares suficientes ou persoal para poder atendelos a todos.
- Información sobre o club pode consultarse no seu propio blog: O trasno na rede.
- As actividades do club inclúen: visitas, roteiros pola cidade, contacontos, invitacións a profesores e outras persoas a participar, visitas a bibliotecas, asistencia a obras de teatro, conexión con outros clubes de lectura (grupo DADO), visitas de escritores-autores, lecturas dramatizadas, proxeccións...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores