xoves, 14 de decembro de 2017

O "RAFAEL DIESTE" RECOLLE PARA O BANCO DE ALIMENTOS "RÍAS ALTAS"


Estimadas familias: O instituto, como forma de colaborar con aquelas persoas que están en situacións difíciles, organiza outra vez este ano unha campaña solidaria en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas de A Coruña. Pode participar toda a comunidade educativa e consiste en aportar UN QUILO ou UN LITRO (poden ser máis) de calquera alimento NON PERECEDOIRO como: Leite, galletas, cacao, latas de conserva, café, sal, aceite, legumes, arroz, fariña…ou similares e material hixiénico coma xel, maquinillas de afeitar, champú…
As vosas aportacións pódense depositar nos contedores que se atopan na entrada do centro antes do día 21 de decembro.
Grazas pola vosa colaboración e BO NADAL 

A Dirección

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores