martes, 19 de decembro de 2017

O LIBRO DUN EX-PROFESOR DO CENTRO: JAVIER MARTÍN BETANZOS


É moi grato presentar a novela dun ex-profesor do centro, JAVIER MARTÍN BETANZOS, antiguo membro do Departamento de Orientación durante moitos anos, agora xa felizmente retirado. En todos eses anos, Javier atendeu ao alumnado con necesidades educativas que pasaron polo instituto.
A finais do mes pasado, concretamente o día 30 de novembro, no Día da Discapacidade, presentou en Valladolid a súa novela "NO CREAS LO QUE TUS OJOS DICEN". O libro é parte dun proxecto solidario que recadará para futuras reedicións e tamén para facer visible a parálise cerebral. Para máis información sobre a novela, aquí tedes a ligazón ao blog do propio autor donde fala do seu libro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores