Seguindo a Instrución 2/2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, na que se concretan as datas e o procedemento de reclamacións, achéganse no seguinte ficheiro pdf as datas máis relevantes para 2º Bacharelato durante a segunda quincena de maio.
mércores, 14 de maio de 2025
martes, 13 de maio de 2025
Visita ao Museo de Belas Artes da Coruña con alumnado de 4º ESO
Hoxe, martes 13 de maio, alumnado de 4º de ESO do IES Plurilingüe Rafael Dieste visitou o Museo de Belas Artes da Coruña.
sábado, 10 de maio de 2025
Torneo Intercentros de Xadrez do Colexio Obradoiro
Moitos parabéns un ano máis ao noso alumnado polos excelentes resultados acadados no Torneo Intercentros de Xadrez.
O IES Rafael Dieste, como cada ano, participou xunto ao IES Salvador de Madariaga, IES Breamo, IES Fernando Wirtz e o IES Urbano Lugrís no Torneo Intercentros organizado polo Colexio Obradoiro.
Participaron 2 equipos de cada centro nun torneo formato liga, con 70 participantes en total. Ademais celebráronse as tradicionais partidas simultáneas (un contra todos) neste tipo de eventos a cargo do Maestro Internacional Jacobo Caselas. Este ano, como novidade, foi incluída unha exhibición de Robótica.
No torneo por equipos destacaron do noso instituto os alumnos Daniel Romero con 6 victorias de 6 e Daniel Rey con 5 victorias de 6 así como Bruno Picos que accedeu a apoiarnos a última hora en ausencia doutro xogador, obtendo 3 victorias de 3. Parabéns tamén a Fabián Córdova que gañou 2 partidas de 6 sendo un xogador novel neste tipo de eventos.
Moitas grazas a todos os xogadores e en xeral ao Club de Xadrez do Dieste coordinado polo profesor Jesús Escariz. Parabéns!
Moitas grazas tamén ao Colexio Obradoiro por organizar este fabuloso e ilusionante evento do que desfrutamos todos.


