xoves, 16 de novembro de 2023

CONCERTO ALDAOLADO: CONFIMADO NINGUÉN MORRE DE ESCOITAR POESÍA





O alumnado de 1º de Bacharelato do IES Rafael Dieste visitou o Centro Ágora para presenciar un espectáculo que hibridou poesía e música. Unha oportunidade para poñer cara e son ás autoras dun dos libros cos que traballamos no centro, escrito a dúas mans polas poetas Lucía Aldao e María Lado: “Ninguén morreu de ler poesía” (Edicións Xerais, 2020).

Guiados pola man delas subimos até os tellados e mollamos os pés na praia das gaivotas. Deixamos os cines Equitativa atrás de nós e soubemos que as laranxas gardan o sabor da amizade. Aínda, e de xeito inesperado, obtivemos a licenza para odiar -e mesmo para moito amar- a poesía. 

Confirmamos, tamén, que o alumnado desta casa disfrutou e celebrou a palabra, que se emocionou e riu e que -sen dúbida- forman parte do colectivo dos que aman. 

Actividade organizada polo Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Rafael Dieste en colaboración coa Área de Normalización Lingüística do Concello da Coruña e o programa Falamos.

mércores, 15 de novembro de 2023

martes, 14 de novembro de 2023

CONFERENCIA PAIDEIA-CLUB DE CIENCIAS 1ºBAC DE ANATOMÍA APLICADA


 


O luns 13 de noviembro o alumado de 1º de Bacharelato de Anatomía Aplicada, organizados desde o Club de Ciencia escoitamos unha charla de dúas investigadoras de cancro en  Paideia: Marisol Soengas e María Mayán. Estas desenvolvense paralelamente ao congreso de La Asociación Española de Investigación Sobre el Cáncer (ASEICA) do 13 al 17 de novembro. ASEICA 40th ANNIVERSARY CONGRESS



IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores