venres, 20 de outubro de 2023

CALENDARIO DE EXAMES DE ASIGNATURAS PENDENTES (1ª AVALIACIÓN. ENTRE 2 E 8 NOVEMBRO)


Aquí tedes a distribución dos exames das materias pendentes do curso anterior nas asignaturas que recuperan deste xeito. Serán entre o xoves 2 e o mércores 8 de novembro 2023.

luns, 16 de outubro de 2023

CONCURSO DE MANDALAS PARA CURSOS 1ºESO


 


Concurso artístico de mandalas de temática de outono para os grupos de 1ºESO. Os grupos gañadores foron 1ºESO-A e D, e o premio foi asistir ao recital de poesía no Ágora do Programa "Falamos Secundaria".

mércores, 4 de outubro de 2023

CONVOCATORIA PROBAS CERTIFICACIÓN IDIOMAS CURSO 2023-24


A Consellería de Educación da Xunta ven de convocar as probas de nivel lingüístico para alumnado de secundaria para o curso 2023-24, para todos aqueles interesados en realizar unha proba de certificación en lingua estranxeira (inglés ou francés) nos niveis B1, B2 ou C1. O requisito é asinar un compromiso oficial de asistencia e realización da proba e a entrega da mesma. O documento para asinar o comprimiso entregarase no momento da matrícula do alumnado. Só poderán facer o exame dunha das linguas (inglés ou francés).  O prazo de inscripción remata o 6 de novembro. Toda a información na ligazón que se inclúe abaixo:

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores