mércores, 7 de setembro de 2022

PLANO DE DISTRIBUCIÓN DE AULAS DE GRUPOS CURSO 2022-23


Actualizamos o plano de distribución de aulas dos distintos grupos para o curso 2022-23 que arrancamos mañá. Así os grupos de 1º e 2ºESO estarán no 1º andar; 3º, 4º e 1ºBAC no 2º andar e 2ºBAC no 3º, agás as aulas específicas de música, tecnoloxía e latín-grego.

martes, 6 de setembro de 2022

HORARIO DAS PRESENTACIÓNS DE GRUPOS 2022-23

 PRESENTACIÓNS CURSO 2022-2023 

As presentacións deste novo curso serán o xoves 8 de setembro de 2022. 

A distribución do alumnado por grupos estará exposta o día 6 no taboleiro de secretaría, e enviarase unha mensaxe a través de Abalar Móbil con esta mesma información. O alumnado deberá presentarse no salón de actos á hora sinalada. As clases comezarán con normalidade o mesmo día da presentación, logo da reunión de presentación cos titores e as titoras.

 




xoves, 1 de setembro de 2022

RENOVACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO (2022)


 Informamos ao comenzo do novo curso escolar 2022-23 que con data do 1 de xullo pasado, renovouse o equipo directivo do instituto que pasa a estar formado polos seguintes membros:


- MATEO TORRES NEIRA, director.
- ISABEL LÓPEZ VIÑUELA, vicedirectora.
- NORMA FARIÑA COUSELO, xefa de estudos.
- FLORA GARCÍA FERREIRO, secretaria.


IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores