martes, 16 de abril de 2019

LISTAXES ALUMNADO PARA ACTIVIDADES FORMACIÓN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Na ligazón inferior podedes ver a relación de alumnado con solicitudes correctas para as actividades de formación en linguas estranxeiras da Xunta de Galicia. 



Ainda hai prazo de 10 días para enmendar erros e faltas de documentación, Esta listaxe, así como as das solicitudes incorrectas, rechazadas ou fora de prazo e as instrucións correspondentes, poderán consultarse na páxina web do programa: edu.xunta.es/axudasle.


mércores, 10 de abril de 2019

CHARLA DE NANDO LÓPEZ


Esta mañá, alumnado de 4ºESO asistiron a charla de Nando López, escritor e dramaturgo español, que fora anteriormente profesor de secundaria, e autor especializado en literatura infantil e xuvenil. 

martes, 9 de abril de 2019

INTERCAMBIO 2019: DE REGRESO DE KRONBERG IM TAUNUS


Hoxe martes 9 o noso alumnado participante no Intercambio 2019 co Alkönigschule de Kronberg im Taunus incorpórase de novo ás clases. Foi unha semana de estadía por Alemaña. Recopilamos nesta entrada fotos de grupo dos alumnos e profesores participantes. Na foto superior a totalidade dos alumnos na terraza do Main Tower de Frankfurt.


Nesta segunda foto en Heidelberg, de novo, a totalidade do alumnado español e alemán xunto cos profesores acompañantes: Julia Westenburger, Hilda Fraga e Ramón Neira.


A terceira foto co grupo ao completo e as profesoras no castelo de Kronberg.


Nesta foto o alumnado español cos profesores nunha ponte sobre o rio Main diante do distrito finacieIro da cidade.


O grupo español no instituto na recepción de benvida.

A información máis completa do intercambio @ ClickOnEnglish.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores