A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional cancelou a actividade docente e o transporte escolar o martes 29 de abril como consecuencia do apagamento xeral.
martes, 29 de abril de 2025
domingo, 27 de abril de 2025
“Amor de auga lixeira” Premio Imaxina 2024-25
“Amor de auga lixeira” gaña o Premio Imaxina 2024-25 do Concello da Coruña, na categoría de Compromiso social, polo traballo de reivindicación e recuperación do patrimonio que supoñen as fontes.
Neste proxecto colaboraron sete departamentos do centro: Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia, Lingua Galega, Filosofía, Tecnoloxía, EDLG e Física e Química.
Parabéns a todas as persoas que participaron, e en especial ao alumnado que defendeu o proxecto: Mencía López, Evelyn Miranda, Martín Calviño e Natalia Hurtado.
Día do Libro: Feira no Dieste
Para celebrar o Día do Libro tivemos un evento especial: Feira do libro no patio interior do instituto.
Desde Bibloteca e coa colaboración da profesora Begoña de Lingua Galega, organizamos diferentes postos por temáticas: ciencia ficción, novela policíaca, de misterio, de terror, novela ilustrada, banda deseñada, manga e temática LGTBI.
En cada posto estiveron alumnas dos clubs de lectura do centro así como voluntariado de biblioteca de 1º ESO. En cada posto puidemos atopar explicacións por parte destas expertas, tanto das características dos diferentes xéneros como de recomendacións.
Tamén houbo sorpresas... acompañounos Soraya, a estatua vivinte que dinamizou o evento causando gran curiosidade entre o público.
Tamén houbo obradoiros para a realización de marcapáxinas.
Grazas a todas as participantes! Grazas a todo o público asistente á feira! Repetiremos a experiencia!
luns, 7 de abril de 2025
Intercambio entre Altkönigschule e o IES Rafael Dieste. Visita do alumnado alemán
A semana pasada levouse a cabo a segunda parte do intercambio IES Pluriligüe Rafael Dieste co Altkönigschule de Kronberg (Frankfurt). Foron 8 días intensos de clases e actividades, asombros e risas. O alumnado alemán e as súas profesoras apreciaron moito nosas praias, paisaxes e a comida, pero sosbre todo a boa e cálida acollida das nosas familias, ás que agradecemos a súa implicación neste proxecto.
mércores, 2 de abril de 2025
VIII Xornadas de Formación en Mediación Escolar
Hoxe, mércores 2 de abril, tivo lugar a primera sesión das VIII Xornadas de Formación en Mediación Escolar, pensadas especialmente para o alumnado que queira formar parte do equipo de mediación.
Vémonos o 9 de abril, pola tarde no instituto, para a segunda sesión!
Visita ao Museo de Belas Artes da Coruña
Durante a mañá do martes 1 de abril, as alumnas de Historia da arte de 2º de bacharelato visitaron o Museo de Belas Artes da Coruña e o seu obradoiro de restauración.