Aberto ata as 15:00 horas do 14 de maio de 2025 o prazo de presentación de solicitudes para bolsas de estudo MEC 2025/2026.
Para que estudos pode solicitar unha bolsa?
Para alumnado que no curso 2025/2026 estea matriculado en:
- Bacharelato
- Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
- Formación Profesional de grao medio e de grao superior
- Ensinos artísticos: profesionais e superiores
- Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
- Ensinos deportivos
- Estudos relixiosos superiores
- Formación Profesional de Grao Básico
- Ensino universitario: Graos, Mestrados...
Como solicitala?
1. Accede á sede electrónica https://sede.educacion.gob.es
Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
2. Rexístrate
- Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal:
- Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que che volvas a rexistrar.
- Se nunca te rexistraches, clica en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta.
- Para acceder á solicitude de bolsa, podes facelo de dúas formas:
- Con Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles, ou
- Mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que te rexistraches na sede electrónica.
3. Enche o formulario
Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña.
4. Imprime o xustificante de presentación. Comproba se te atopas nalgunha das situacións para remitir documentación.
Enderezo para remitir documentación á unidade de bolsas:
Departamento Territorial da Coruña. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Servizo de Apoio aos Servizos Educativos
Sección de Bolsas de Estudo
R/ Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar
15008 A Coruña
Para máis información: https://www.becaseducacion.gob.es/
Durante os meses de agosto e setembro debes estar atento a notificacións a través do correo eletrónico ou da sede electrónica.
Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar.
Para calquera dúbida, podes consultar a través de:
Teléfonos: 981 184 741, 981 184 742, 981 182 436, 981 185 725, 981 184 769
Correo electrónico: bolsas.ed.co@xunta.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario