mércores, 25 de setembro de 2024

Reunión de presentación das titorías do curso 2024/25

O vindeiro martes 8 de outubro terá lugar a reunión de titores/as con pais e nais de alumnado da súa titoría.

A reunión dará comezo ás 18:30 horas e os pais e as nais dirixiranse á aula de referencia do/da seu/súa fillo/a onde serán recibidos pola persoa titora.

Os pais e as nais do alumnado que se incorporan no presente curso a 1º de ESO, serán recibidos no salón de actos polos titores/as e polo equipo directivo, para despois subir coas persoas titoras ás aulas.

A listaxe coas persoas titoras de cada grupo pode consultarse nesta ligazón.

sábado, 21 de setembro de 2024

Comeza o curso e… novo club de lectura

Nace un novo club de lectura!

Vai dirixido aos maiores.. nais, pais, profes e persoal do centro que queira apuntarse.

Neste primeiro curso a temática vai ser a novela negra.

Na cortiza da biblioteca tedes os títulos dos libros de lectura programados para este curso 24-25 así como as datas de reunión: o último martes de cada mes a partir das 18.15 h.

Animádevos a participar!!

Accede aquí á infografía en pdf.



Comeza o curso e… os Clubs de Encontros

Na cortiza xunto á biblioteca están anunciados os Clubs de Encontros que se desenvolverán este curso. Son clubs orientados tanto ao alumnado como profesorado e persoal do centro que teña interese en asistir durante un recreo á semana ou, no caso do Club de xadrez, un recreo cada quince días.

Os clubs son moi variados, ademais do de xadrez (que coordinará Jesús Escariz), volven o club de Lingua de signos (que levará Cristina Rubio, a nosa auxiliar de signos), os Encontros electrónicos (que levará Seila Vázquez), ademais do club de debate (levado por Arcadio González).

Na cortiza xunto á porta da biblioteca tedes un cartel para apuntarvos. Están pendentes os horarios que faremos en función das persoas que desexen asistir e das persoas que os impartirán.

Animádevos!!






martes, 3 de setembro de 2024

Recepción do alumnado o mércores 11 de setembro

O mércores 11 de setembro o alumnado accederá ao instituto pola porta indicada a continuación para cada nivel educativo.

CursoEntrada e saída
Bacharelato e 4º de ESOEntrada principal
1º de ESOEntrada das pistas deportivas
2º e 3º de ESOEntrada do aparcadoiro

O alumnado de 1º e 2º de ESO será recibido ás 8:30 polas persoas titoras, que chamarán por orde aos seus titorandos para despois acompañalos ás aulas correspondentes. Xa nas aulas informarase ao alumnado das normas do centro, dos horarios, etc.

O alumnado de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato será recibido ás 8:45 polas persoas titoras, que chamarán por orde aos seus titorandos para despois acompañalos ás aulas correspondentes.

A partir das 10:30 comezarán as clases con normalidade, segundo o indicado no horario que lle entregue o/a titor/a ao alumnado.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores