Os días 10 e 24 de abril tiveron lugar as VII Xornadas de Mediación escolar.
A mediación escolar é unha forma alternativa de resolver conflitos entre iguais. Manuel Santos, que foi profesor no noso centro, iniciou esta forma de resolución de conflitos no IES Rafael Dieste tras unha longa experiencia no IES Afonso X O Sabio de Cambre.
O novo alumnado mediador asistiu á formación co fin de familiarizarse cos pasos a seguir nunha mediación, ademais de traballar as cualidades que debemos ter en conta no proceso: empatía, escoita activa e asertividade.
O vindeiro 11 de xuño terá lugar unha saída con todo o alumnado mediador.
Dámoslle a benvida ás novas persoas mediadoras!
Ningún comentario:
Publicar un comentario