Durante a celebración da Semana Cultural 2022 da Saúde, recuperamos a iniciativa do reparto diario dunha peza de froita entre o alumnado como fomento dunha alimentación saudable.
mércores, 30 de marzo de 2022
XII SEMANA CULTURAL/A SAÚDE: AS CHARLAS E CONFERENCIAS
Dende esta ligazón podedes acceder ás charlas e conferencias celebradas durante a Semana Cultural 2022: CHARLASAÚDE
martes, 29 de marzo de 2022
XII SEMANA CULTURAL/A SAÚDE: CONFERENCIA DO PSIQUIATRA LUIS FERRER I BALSEBRE, "O IMPACTO DAS CRISIS NO PSIQUISMO HUMANO"
Alumnado de 2ºBAC asistiron hoxe a conferencia do psiquiatra e psicoterapeuta Luís Ferrer i Balsebre dentro das actividades da Semana Cultural 2022, para tratar o tema de "O impacto da crise no psiquismo humán".
luns, 28 de marzo de 2022
XII SEMANA CULTURAL 2022: A SAÚDE
Arrancamos un curso máis a nosa Semana Cultural, esta vez dedicada A SAÚDE. Son xa doce edicións, doce cursos (só interrumpido o ano do confinamento) en que todo o instituto traballa sobre un mesmo tema dende cada unha das asignaturas. Preparamos actividades, visitas, charlas, conferencias, exposicións... e o iremos recollendo todo no blog da nosa biblioteca que é a organizadora e coordinadora de todo o traballo:
xoves, 24 de marzo de 2022
CONCERTOS NO PAZO DA ÓPERA PARA ALUMNADO DO "RAFAEL DIESTE"
Alumnado de 3º e 4º da ESO asistiron a sendos concertos no Pazo da Ópera de A Coruña, nunha actividade preparada polo Departamento de Música.
mércores, 23 de marzo de 2022
martes, 22 de marzo de 2022
A ESCRITORA GALEGA ANTÍA YÁÑEZ VISITA O "RAFAEL DIESTE"
O Departamento de Galego organiza para mañá mércores 23 a visita da escritora Antía Yáñez. Esta escritora galega nacida en Burela. É enxeñeira de camiños, pero nunca exerceu como tal, traballa nunha academia, e imparte fora dela distintas actividades para rapaces, algunhas literarias e outras sobre igualdade e loita contra a violencia de xénero o que compaxina coa escritura e a participación en encontros literarios.
Algunhas das súas obras son de xénero infantil; na primera, O misterio de Portomarín, está ambientada no entorno do seu pobo natal, e nela teñen importancia tanto a comunidade caboverdiana, como o Torque de Burela.
No 2018 publicou a novela Senlleiras, xa dirixida a un público máis adulto, na que se narra a investigación duns crimes e a violencia de género en dúas historias separadas no tempo.
venres, 18 de marzo de 2022
TATIANA GARCÍA MEJÍA REPRESENTA AO NOSO INSTITUTO NA OLIMPIADA FILOSÓFICA DE GALICIA
Efectivamente, esta alumna de 4ºESO presentouse á modalidade de dilema moral que este curso plantea a cuestión Transhumanismo, mellora o final da especie humana? No seu desenvolvemento Tatiana propón varias respostas para esta pregunta, analiza as consecuencias das distintas posibilidades, tira das consecuencias que de cada unha dela se derivaría e, finalmente, decídese por unha de elas. E por suposto, explícanos porque e trata de convencernos de que sabe o que elixe.
O día 7 de abrir terá lugar a defensa do seu traballo. Faise de xeito presencial e diante dun xurado composto por profesorado de Secundaria e da Facultade. Será remitido en streaming.
Noraboa, Tatiana!!
xoves, 17 de marzo de 2022
XORNADAS DE FORMACIÓN DE RADIO CON AGARESO
O alumnado de 4ºESO comenzou hoxe cunha serie de xornadas de formación sobre radio colaborativa. Igual que o curso pasado, os talleres son impartidos pola asociación AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios). Os grupos aprenderan como se fai un programa de radio: como locutar, elaborar unha escaleta, gravar un podcast... Nesta ocasión farán unha entrevista online a dous activistas no mundo LGTBIQ+
luns, 14 de marzo de 2022
mércores, 9 de marzo de 2022
ACTOS DO 8-M 2022: DÍA DA MULLER NO 'RAFAEL DIESTE"
A actividade proposta este curso xirou en torno ao relato Las medias rojas de Emilia Pardo Bazán. No instituto mostramos o noso apoio á causa da muller con medias e calcetíns vermellos e fixemos unha exposición coas fotos dos participantes.
Ademais, a Biblioteca propón unha serie de libros informativos sobre o feminismo e os logros na loita pola igualdade. Podes atopalos todos na sección de novidades.
Presentación das fotos da actividade "LAS MEDIAS ROJAS":
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e
MUSE VIDEOS 2022
Etiquetas
1ºBAC
1ºESO
2ºBAC
2ºESO
3ºESO
4ºESO
8-M
ABAU
Abalar
Actividades
Artística
Audios
Autores
AuxiliaresConversa
Avaliación
Avisos
Becas
Bibliodieste
Bibliotecas
Blog
Calendario
Castelán
CiclosFP
Ciencias
Cine
ClubesLectura
Cociña
Compromiso
Concello
Concerto
Concursos
Conferencia
ConselloEscolar
Contacto
Convivencia
Convocatorias
Danza
Deporte
Diversidade
EDL
Ecoloxía
Ed.Física
Efemérides
Emerxencia
EnglishWeek
Enquisa
Entrevista
Entroido
EscolaPais
Exames
Excursión
Exposición
Festividades
Filosofía
Fotografía
Francés
FísicaQuímica
Galego
Graduación
Grego
Historia
Homecoming
Homenaxe
Idiomas
Impresos
Info
Inglés
Instituto
Integración
Intercambio
LGTBIQ+
Latín
Lembranzas
LibrosTexto
Literatura
MUSE
Matemáticas
Matrícula
Mediación
Medioambiente
Microrrelatos
Mulleres
Museos
Música
Nadal
Obituario
Obradoiro
Olimpíada
Orientación
Pendentes
Poesía
Premios
Prensa
ProgramasEducativos
ProxectoDeportivo
Radio
RadioFiestra
Samaín
Saúde
SemanaCultural
Ski
TIC
Teatro
Tecnoloxía
Titoría
Torneo
TrinityExams
Universidade
Viaxes
Vicedirección
Videos
Xadrez
Xornadas