Estimadas familias:
De xeito excepcional e, dada a baixa incidencia de casos actual, as reunións dos titores coas familias de 1º e 2º da ESO serán presenciais o vindeiro martes 28 de setembro. Únicamente poderá asistir un responsable por alumno. Para evitar aglomeracións, os responsables do alumnado de cada grupo serán citados nunha porta de acceso ao edificio a unha hora determinada, onde os recibirá o titor ou a titora, e os conducirá ao espazo onde terá lugar a reunión. Convén axustarse á hora da cita para evitar mesturarse con outro grupo. En caso de retraso, deberá preguntar aos conserxes pola aula de reunión. Cada unha das horas e lugares de reunión chegarán por un aviso de comunicación de grupo por ABALAR. Agardamos a súa asistencia.
Por outra banda, as reunións dos responsables do alumnado de 3º ESO, 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC cos titores e coas titoras correspondentes serán o vindeiro mércores 29 de setembro ás 19:00 h. As reunións serán telemáticas a través da plataforma Webex. Publicanse na web do centro e na ligazón inferior as ligazóns ás salas de cada titoría para que poidan conectarse á reunión correspondente. Tamén agardamos a súa asistencia. - LISTAXE DE LIGAZÓNS WEBEX PARA AS TITORÍAS TELEMÁTICAS 29/9/2021 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario