luns, 16 de setembro de 2019

VALIDACIÓN E EXENCIÓN DE ASIGNATURAS

Incluimos información sobre validacións e exencións de certas asignaturas.

1) Información sobre a posibilidade de validar asignaturas por cursar estudos nas Ensinanzas Profesionais de Música e Danza.

- Na ESO:

Materia a validar
Acredita ter superado/a:
1º
Materia libre configuración
Proba acceso a calquera curso das ensinanzas de música e danza e ter formalizada a matrícula.
2º
Música
- 1º curso de instrumento e voz.
- 1º curso de música das ensinanzas de Danza.
3º
Materia específica de opción:
- 2ª lingua estranxeira
- Cultura clásica
- Proba acceso a calquera curso das ensinanzas de Música e Danza e ter formalizada a matrícula.
- Linguaxe Músical dun curso das ensinanzas de Música.
- Danza Galega das ensinanzas profesionais de Danza.
3º
Música
- 1º curso de instrumento e voz.
- 1º curso de música das ensinanzas de Danza.
4º
Materia optativa
- Proba acceso a calquera curso das ensinanzas de Música e Danza e ter formalizada a matrícula.
- Linguaxe Músical dun curso das ensinanzas de Música.
- Danza Galega das ensinanzas profesionais de Danza.
4º
Música
- 2º curso de instrumento ou voz.
- 2º curso de música das ensinanzas de Danza.

- No Bacharelato:

Materia a validar
Acredita ter superado/a:
1º
Análise Musical I
2º curso de Harmonía
1º
Linguaxe e práctica musical
- 3º curso de Instrumento principal ou Voz
- 3º curso de música das ensinanzas de Danza.
1º
1 materia específica ou de libre configuración.
- 1º curso de Orquestra, Banda ou Coro
- 1º curso de Acondicionamento Físico
1º
Anatomía aplicada
1º e 2º curso de Anatomía Aplicada
2º
Análise Musical II
1º curso de Análise
2º
Historia da Música e da Danza
- 1º e 2º curso de Historia da Música
- 1º e 2º curso de Historia da Danza
2º
Materia optativa
- 2º curso de Orquestra, Banda ou Coro
- 2º curso de Acondicionamento Físico

2) Posibilidade de Exencións da asignatura de Lingua e Literatura Galegas: 
Todo alumnado recién chegado á comunidade galega poderá pedir a exención da asignatura de Lingua e Literatura Galegas por un periodo de dous cursos, ainda que deberá asistir ás clases da materia. A exención deberá pedirse cada curso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores