Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria do día 5 do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste IES fai pública a relación de nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:
1.- CHRISTINA ALEN MARTY
2.- DOLORES FREIRE CASALDERREY
Segundo o establecido no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996) corresponde elixir no presente proceso electoral a 1pai/nai, dun total de tres que debe ter o Consello Escolar. Os outros dous representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2016.
Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de pais para o Consello Escolar, a campaña electoral comprenderá dende o 20 ao 24 de novembro, ambos días inclusive.
As votacións terán lugar no salón de actos do noso centro, o vindeiro luns, de 17:00 a 20:00, polo que contamos coa vosa participación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario