luns, 27 de maio de 2024

AquíTaménSeFala recoñecida co Premio Rosalía de Castro e co Premio Forum Europeo á Innovación Educativa

AquíTaménSeFala, a iniciativa cultural do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Rafael Dieste, foi recoñecida co Premio Rosalía de Castro, da Deputación da Coruña, e co Premio Forum Europeo á Innovación Educativa, da FEAE, asociación fundada en París en 1976, que traballa no ámbito da educación de varios países de Europa.

Estes galardóns súmanse ao premio “Mil Primaveras”, que entrega a Comisión de Técnicos/as de Normalización Lingüística.

Prácticas co detector de partículas MiniPix

No mes de maio de 2024, o alumnado de Física e Química de 1º de bacharelato adicouse a realizar medicións en diferentes estancias do centro educativo. O material empregado foi un detector MiniPix cedido polo IGFAE da Universidade de Santiago de Compostela e deseñado polo CERN. A finalidade da actividade foi unha primeira aproximación á física de partículas e ao coñecemento do impacto da radiación ionizante na nosa contorna.





Exposición na biblioteca: Cen anos con Tutankamon

Sabías que en novembro de 1922 foi descuberta intacta a tumba do faraón-neno Tutankamon?

Xa se cumpriron máis de cen anos deste gran acontecemento no Val dos Reis en Exipto.  Por este motivo, o alumnado de 1º ESO D, conmemorou este histórico achado na materia de Xeografía e Historia. 

Na biblioteca do IES Rafael Dieste e diante dun público numeroso de 3º ESO, ademais dalgúns pais, nais e irmáns, os nosos “guías por un día” ofrecéronnos amenas explicacións sobre aquel acontecemento clave e moitas máis cousas sobre o Antigo Exipto.

Aquí vos deixamos o vídeo realizado polo alumnado e unhas fotografías da exposición.

Grazas a todas as persoas pola colaboración prestada.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores