xoves, 28 de febreiro de 2019

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2019-20

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO
CURSO 2019-20

Prazo de presentación de solictudes de admisión de novo alumnado non adscrito: do 1 ao 20 de marzo de 2019.

A solicitude formalizarase:

- Directamente na aplicación admisión alumnado.
- Ou a través do Anexo II, que se solicitará no centro educativo ou se descargará de Escolarización.

A solicitude, acompañada da documentación que se indica a continuación, será entregada no centro no que se solicite praza no primeiro lugar. So se pode presentar unha única solicitude na que se poderá facer unha relación de ata 5 centros mais por orde de preferencia.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA REALIZAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN
- Fotocopia do DNI do alumn@ ou certificado de nacimento.
- Fotocopia completa do libro de familia.
- Certificado de matrícula do curso actual.
- Fotocopia da solicitude de admisión unha vez cuberta.
- Sentencia xudicial de separación ou divorcio e o convenio regulador donde conste a custodia do menor, se é o caso.

mércores, 27 de febreiro de 2019

ALUMNADO DE ARTE 2ºBAC VISITA O MUSEO DE BELAS ARTES DE A CORUÑA

Onte o alumnado que cursa a asignatura de Historia do Arte de 2ºBAC do noso centro visitaron o Museo de Belas Artes da nosa cidade para visitar a súa colección permanente.

Estas visitas teñen como obxectivo:
- Presentar o museo como un espazo de coñecemento da arte e da cultura.
- Coñecer os diferentes xéneros e estilos artísticos que están presentes na colección. 
- Fomentar as opinións persoais e o gusto estético a través da observación e do diálogo. 
- Pensar na visita ao museo como unha opción para o tempo de lecer. 
- Estimular a imaxinación e a creatividade a través da observación e da creación artística.

A través dunha escolma de obras, este percorrido da a coñecer algunhas das pezas máis destacadas da colección. Dun xeito ameno e atractivo, fomentando a participación e o diálogo entre o alumnado, descúbrense as distintas lecturas dunha mesma obra de arte.

Pero ademáis, nesta ocasión, foi unha maneira de ter contacto directo coa obra de arte, xa que utilizando materiais elaboradas na aula, unha alumna que cursa a asignatura e que non pode ver, poido tocar as obras.


venres, 22 de febreiro de 2019

COLABORACIÓN 'BIBLIODIESTE'-'ÁGORA' 2019


A colaboración da biblioteca do IES Rafael Dieste coa biblioteca do Ágora continúa outro ano máis coa visita dos alumnos de 1º ESO nunha xornada de formación. Este ano o fixemos coincidir co Día Internacional da Lingua Materna e o aniversario de Rosalía.

Os alumnos de 1º A e C fomos recibidos este martes, 20 de febreiro, na biblioteca do Ágora por Rosalía e Curros Enríquez, quen nos amosaron os espazos da biblioteca, os servicios que ofrecen e interpretaron para nós o poema que Curros adicou a Rosalía "No bico un cantar".
O vindeiro martes continuaremos coa visita cos outros dous grupos de 1º ESO.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores