sábado, 24 de febreiro de 2018

MARÍA LENDOIRO, IN MEMORIAM


Onte á tarde, enterámonos do pasamento da nosa compañeira MARÍA LENDOIRO. Unha das primeiras profesoras de Debuxo do IES "Rafael Dieste" cando se inaugurou. Ela foi a artífice dos diseños que adornan as columnas da planta baixa ou encima das portas dos distintos espazos, murais.... que pintou en colaboración co seu alumnado. Na súa memoria, recopilamos aquí unha mostra do seu talento artístico.
DEP, María.


Columnas da planta baixa
Secretaría
Cafetería
Conserxería
Departamento de Matemáticas
Departamento de Inglés
Na actualidade espazo da APA
Parte dun mural
Servicios




venres, 23 de febreiro de 2018

ACTIVIDADES ORGANIZADAS EN COLABORACIÓN CO ÁGORA 2018


A biblioteca do noso instituto ven organizando proxectos de traballo e actividades en colaboración coa Biblioteca Municipal "Ágora". Aquí recopilamos as actividades realizadas no que vai deste curso.
- ACTIVIDADES REALIZADAS EN COLABORACIÓN 'BiblioDieste'-'Ágora'

mércores, 21 de febreiro de 2018

VISITA AO INIBIC


Onte martes 20 de febreiro, o alumnado de Anatomía Aplicada de 1ºBAC do noso instituto visitaron o INIBIC (Instituto Nacional de Investigación Biomédica en A Coruña). Aquí tedes fotos da súa estancia e toda a información nunha ligazón.




IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores