Como todos os anos, desde o departamento de Educación Física, levamos a cabo as xornadas de Primeiros Auxilios no centro. Nelas participa todo o alumnado desde 1° de ESO ata 1° de bacharelato. Agradecemos moito a colaboración do Centro de Saúde Os Rosales e do CFR da Coruña.
sábado, 10 de maio de 2025
domingo, 4 de maio de 2025
IV Premios Escola en Camiño
Tres alumnas do IES Plurilingüe Rafael Dieste foron galardoadas na IV edición dos Premios Escola en Camiño, organizados por @laopinioncoruna @farodevigo e @elcorreogallegoweb
As alumnas premiadas foron Shannon González Fernández, na categoría de debuxo, e Verónica Castillo Aguilar e Valeria Ortiz Arias, na categoría de literatura.
Parabéns!!
Estancia no CICA, Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía
Seis alumnos e alumnas do IES Plurilingüe Rafael Dieste foron seleccionados para realizar, xunto con dez alumnos doutros centros da provincia, unha estancia de 3 días con investigadores especializados en química e bioloxía no CICA, Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía.
Posteriormente expuxeron os proxectos realizados durante esa estancia e un xurado seleccionou catro deses proxectos como gañadores dunha nova estancia, nesta ocasión de dúas semanas. Sofía Carou, alumna do Dieste, foi unha das gañadoras.
Parabéns a Sofía e a todos os participantes!!