O pasado mércores 12 de xuño, mentres realizaban a clase de Educación Física na praia de Riazor, o alumnado de 1º ESO C foi entrevistado no programa Voces de A Coruña de RadioVoz.
domingo, 16 de xuño de 2024
Saída a Buño-Verdes-Malpica
Como saída de fin de curso, o grupo de persoas mediadoras e o grupo de acollida do centro, visitamos Buño e Malpica.
En Buño asistimos a olería Aparicio onde contemplamos como se fai a cerámica: pratos, xerras, copas… Aprendemos todo o proceso que vai desde o torno do oleiro ata o forno. Pareceunos máxico!
A mediodía xantamos en Verdes, á beira do río: un lugar para perderse polas sendas e corredoiras, ademais de poder contemplar os seus muíños. Un recuncho saído dun conto de fadas.
Tras xantar neste verde paraíso, viaxamos cara Malpica a visitar a nave de redeiras para coñecer o seu traballo. Sabes que as atadeiras (que é como se chama este tradicional oficio) conseguiron, ao igual que os mariñeiros, reducir a súa idade de xubilación? É un traballo moi duro e de moitas penalidades, por isto poden retirarse 10 anos antes que o resto dos traballadores.
Finalmente visitamos a lonxa, alí asistimos a unha poxa de peixe do dia.
Unha saída para convivir!











