mércores, 3 de novembro de 2021

XORNADAS DE FORMACIÓN DE USUARIOS EN 'BIBLIODIESTE' PARA ALUMNADO 1ºESO


 Esta semana comezaron as xornadas de formación para o alumnado novo no centro. Aproveitando o ambiente especial do Samaín, presentamos a nosa biblioteca aos novos usuarios e usuarias de 1º ESO. Explicámoslles como sacar partido dos recursos da biblioteca: como atopar os libros, como usar o seu carné, os ordenadores, onde están os cómic, as películas e os xogos de xadrez. E presentamos as nosas novidades: o punto de intercambio, o caixón de suxestión e o anel Lgtbiq+. 

Benvido todo o mundo!!!

SAÍDA A SANTIAGO: VISITANDO "GALICIA FUTURA" E O MUSEO DE HISTORIA NATURAL



 O martes 2 de novembro de 2021 os 1º de Bacharelatos de Bioloxía e Xeoloxía tivemos unha saída a Santiagode Compostela, visitando pola mañá a exposición de Galicia Futura situada no Museo do Monte Gaiás e pola tarde ao Museo de Historia Natural, situado no parque de Vista Alegre. 
Toda a información en detalle nesta ligazón: SAÍDA CIENTÍFICA A SANTIAGO.

venres, 29 de outubro de 2021

CHARLAS INFORMATIVAS DO COLECTIVO "ALAS" (2ºESO)


 Tal e como está indicado no contrato-programa Iguala-T que se desenvolve este curso no instituto, esta semana comenzaron as charlas informativas sobre os dereitos Lgtbi. O alumnado de 2º da ESO puido comprobar como anda en coñecementos de terminoloxía e intentar entender a perspectiva dende a que estes colectivos se sitúan. Para iso contamos coa presenza de Pablo e Óscar, da asociación Alas (Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual). Esta asociación traballa contra a discriminación e a marxinación promovendo a igualdade de todas as persoas neste sentido, tanto no plano privado como no público.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores