mércores, 13 de marzo de 2019

ALUMNADO DE 4ºESO E BAC RASTREAN AS PEGADAS DA ROMANIZACIÓN EN LUGO


Por último e tamén onte, alumnado (41) de Cultura Clásica e Latín de 4ºESO e de Latín e Grego de Bacharelato do noso centro participaron nunha excursión de xornada completa coordinada polos Departamentos de Latín e Grego para estudar as pegadas da romanización e asistir a dúas obras de teatro: a traxedia As Troianas de Eurípides e a comedia Anfitrión de Plauto.

Nesta segunda foto o noso alumno de 4ºC Adrián Jiménez vestido de Taltibio, o heraldo de Agamenón, na traxedia As Troianas que se representou hoxe en Lugo.

ENCONTRO COA ESCRITORA ANDREA MACEIRAS


Tamén onte recibimos no instituto á escritora Andrea Maceiras, nun encontro organizado polo Departamento de Galego para o alumnado de 2ºESO. Con eles compartiu experiencias sobre o seu libro O QUE SEI DO SILENCIO.

ALUMNADO 2ºBAC VISITA O ARQUIVO DO REINO DE GALICIA


Onte o alumnado de 2ºBAC da opción de Humanidades visitaron o Arquivo do Reino de Galicia ubicado nos Xardíns de San Carlos de A Coruña. Visitando  o taller de restauración e vendo documentos dos temas de historia que están a estudiar no aula.
O Arquivo é na actualidade un centro de titularidade estatal transferida á Xunta de Galicia, que recibe, custodia e difunde fondos documentais de ámbito galego e coruñés de natureza pública e privada.
Creado para custodiar a documentación producida pola Real Audiencia de Galicia, convertida posteriormente en Audiencia Territorial de A Coruña, dende finais do século XIX e especialmente a partires do XX recibe tamén documentación doutras institucións galegas. Finalmente asignanlle o papel de Arquivo Histórico Provincial de A Coruña e tamén para os documentos da Administración autonómica. Custodia fondos privados e amplias coleccións de fotografía, cartografía e postais.  



IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores