Mostrámosvos o video resumen das actividades levadas a cabo este curso dentro do programa Mus.e da Fundación Yehudi Menuhin, que rematou o pasado venres 1 de marzo coa celebración no centro do Día Mus.e 2019.
Anunciamos as datas dos exames finais de alumnado con materias pendentes en Bacharelato e na ESO, se é o caso. Serán na semana do 6 ao 9 de maio. Na ligazón inferior podedes ver a distribución das asignaturas por días e horas.
O Concello de A Coruña ven de convocar a edición 2019 de "IDIOMAS DO MUNDO", 60 prazas para alumnado de 4ºESO e 1ºBAC para perfeccionar en idiomas (alemán, francés, inglés e portugués) durante 4 semanas en xullo de 2019.
Prazo de presentación de solictudes do 8 ata o 29 de marzo ás 14:00.