venres, 17 de novembro de 2017

PROXECTO MUS-E NO "RAFAEL DIESTE": TEATRO E DANZA (Abril 2017)

Actividade MUSE no xardín exterior:
"O TEATRO E O COSMOS"

Recordando os comenzos do Proxecto Mus-E no IES "Rafael Dieste", recuperamos unha entrada publicada en "ArquivosDoTrasno" (o noso blog da biblioteca) na recollimos á actividade que realizamos dentro da Semana Cultural 2017.
O xoves 6 de abril de 2017, os grupos de 1ºESO puxeron en práctica as actividades do Proxecto MUS-E. 
O Programa MUS-E® foi creado por Yehudi Menuhin, en colaboración con Werner Schmitt, sobre a idea de Zoltán Kodály (1882-1967), quen consideraba que a música debía formar parte da educación e ser accesible a todas as persoas. Menuhin ampliou o concepto ao marco da realidade multicultural e incorporou o traballo con todas as artes. O programa favorece a convivencia mediante o desenvolvemento das capacidades dos rapaces, así como o recoñecemento da diversidade cultural. 
O noso instituto incorporouse este ano ao proxecto, e aproveitamos a Semana Cultural para poñerlo en práctica tras semanas de preparativos. Tiña dúas partes: 

- unha no xardín exterior: "O TEATRO E O COSMOS" 

e outra no ximnasio: "A DANZA, A ORDE E O CAOS: O UNIVERSO"

Incluímos fotos e videos.




Video MUSE xardín exterior:


Actividade MUSE no ximnasio:
"A DANZA, A ORDE E O CAOS: 
O UNIVERSO"




Videos MUSE ximnasio:


Video:

xoves, 16 de novembro de 2017

REUNIÓN COORDINACIÓN CENTROS MUS-E




Onte, mércores 15 de novembro, celebrouse no noso instituto unha reunión de coordinación dos centros MUS-E da comarca de A Coruña (IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE", CEIPs "SAN PEDRO DE VISMA", "RAQUEL CAMACHO" de A Coruña e "RÍA DO BURGO" de Culleredo) con representantes da Fundación Yehudin Menuhin e a Fundación Paideia que organizan esta actividade.
Este é o segundo curso que o IES "RAFAEL DIESTE" estamos a participar nesta actividade. 
Mais información sobre as actividades MUS-E: AQUÍ

xoves, 2 de novembro de 2017

SAMAÍN 2017 NO "RAFAEL DIESTE"


Xa estamos preparados no instituto para celebrar, un curso mais, o Samaín. Xa temos o centro decorado para a ocasión, como podedes ver nas fotos, gracias ao Departamento de Debuxo. Nas fotos seguintes, podedes ver o ambiente co alumnado presente...




Tivemos tamén charlas en inglés sobre as tradicións americanas do Halloween, que tanto éxito teñen xa entre todos nos, por parte do noso lector este curso Ben Davidson, nos grupos de 1º da ESO.



E unha exposición de libros de terror na biblioteca, como todos os anos. Quen dixo medo?



Tamén houbo castañas... gracias á APA.



E o alumnado de 2ºBAC de Ciencias sacaron ao esqueleto a dar unha volta...



Picade nos enlaces inferiores para mais información.


IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores