xoves, 12 de xuño de 2025

Entrega dos premios da X Olimpíada Galega de Tradución de Textos Clásicos


Hoxe tivo lugar o acto de entrega dos premios da X Olimpíada Galega de Tradución de Textos Clásicos, na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.

Alí estivo Jusvely Godoy González, alumna de 2º de bacharelato, que acadou o segundo premio na categoría de Lingua Grega.

Parabéns!!!👏👏👏





mércores, 4 de xuño de 2025

Convocatoria dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato

Educación secundaria obrigatoria

O vindeiro 11 de xuño terá lugar a publicación no DOG da Orde do 3 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024-2025.

O procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico terá dúas fases diferenciadas:

  • Na primeira fase, o alumnado formalizará no seu centro educativo a matrícula na proba dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico (proba PEE), sen requisito de nota media.
  • Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEE, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de ESO ao rendemento académico.

A proba PEE terá lugar o 26 de xuño de 2025. Os lugares de realización da proba publicaranse no portal educativo e na páxina de PremiosEdu.

O prazo de matrícula para realizar a proba PEE será de 5 días hábiles, do 12 ao 18 de xuño e 2025, ambos inclusive.

A matrícula realizarase nos centros educativos empregando o Anexo I.

Bacharelato

Publicada no DOG a Orde de 27 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024-2025.

O procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de bacharelato terá dúas fases diferenciadas:

  • Na primeira fase, o alumnado deberá solicitar no seu centro educativo a matrícula na proba dos premios extraordinarios de bacharelato (proba PEB).
  • Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEB, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de bacharelato.

A proba PEB terá lugar o 18 de xuño de 2025. Os lugares de realización da proba publicaranse no portal educativo e na páxina de PremiosEdu.

O prazo de matrícula para realizar a proba PEB será de 5 días hábiles, do 4 ao 10 de xuño de 2025, ambos inclusive.

A matrícula realizarase nos centros educativos empregando o Anexo I.


IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores