xoves, 27 de febreiro de 2025

Proceso de admisión curso 2025/2026

Todo o alumnado de centros educativos adscritos que presentou a solicitude de reserva de praza está admitido. Están publicadas as listaxes no taboleiro do centro.

O prazo de solicitude de praza para o curso 2025/2026 estará comprendido entre o 1 e o 20 de marzo, ambos incluídos.

As prazas vacantes no IES Plurilingüe Rafael Dieste para o curso 2025/2026 son as que aparecen na seguinte imaxe.

Na seguinte ligazón ten información detallada sobre como participar no procedemento de admisión.


xoves, 20 de febreiro de 2025

Terceira edición do intercambio entre Altkönigschule e o IES Rafael Dieste

Do 18 ao 25 de febreiro alumnado de 4° ESO visita Kronberg, en Alemaña, coas profesoras Isabel Viña e Leticia Ogando, como parte do intercambio entre Altkönigschule e o IES Rafael Dieste. A finais de marzo recibiremos a visita de alumnado alemán, xunto coas profesoras, Julia Westenburger e Lara Anselm.




XX Olimpíada de Bioloxía


O venres 14 de febreiro unha alumna do noso IES; Candela García Janeiro, participou na fase autonómica da XX Olimpíada de Bioloxía na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

Anteriormente a esta houbo unha fase telemática para a participación de alumnado de centros galegos.

A olimpíada, en horario de mañá e tarde, comezou cun exame teórico, para despois ter un práctico, así como charlas de actualización de coñecementos para profesorado.



XVI Olimpíada de Xeoloxía

O mércores 12 de febreiro un grupo de alumnos de 4º de ESO participou na VII Olimpíada de Xeoloxía en San Sadurniño, concello que forma parte do Xeoparque Cabo Ortegal.

Participaron na proba Unai García, Paulo Rodríguez e Antía Uria de 4º ESO A e Rúben Barallobre, Xoán Casas, Balthazar Mariño e Milkias Casas de 4º ESO B.

A experiencia foi moi positiva, o alumnado divertiuse moito e aprendeu moita xeoloxía.



mércores, 19 de febreiro de 2025

Cartas desde a trincheira

Un ano máis o alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Historia do Mundo Contemporáneo presentou na biblioteca a exposición: Cartas desde a trincheira. Trátase dunha actividade de transformismo histórico na que os estudantes teñen que poñerse na pel daqueles soldados, enfermeiras e médicos que coñeceron e viviron na trincheira e na retagarda durante a Grande Guerra. 

Tras unha explicación sobre os aspectos máis relevantes da I Guerra Mundial o alumnado fixo unha lectura de diferentes fragmentos das súas cartas ficticias enviadas aos seus pais, noivas e noivos... aos seus seres queridos. Nas cartas expresan o horror, a crueldade e o absurdo e o despropósito de todas as  guerras. 

É a nosa homenaxe á conmemoración do Día da Paz.





Celebramos San Valentín desde a biblioteca do IES Rafael Dieste

Tras moitos preparativos... por fin chegou San Valentín!

As persoas voluntarias da biblioteca escribiron durante varias semanas, nos recreos, mensaxes en forma de poemas pertencentes a recoñecidos  escritores e escritoras da literatura universal. 

Os poetas e poetisas que preferiron os alumnos e alumnas foron Rosalía de Castro, Pablo Neruda, Gabriela Mistral, G. A. Bécquer, Mario Benedetti, Claribel Alegría ou Jairo Aníbal Niño, entre outros. 

As mensaxes  foron entregadas o día 14 de febreiro aos grupos de 1º e 2º de ESO. Moitos fixeron unha lectura dos versos na clase. 

Desde a biblioteca quixemos achegar aos máis novos á poesía amorosa neste Día dos Namorados.




luns, 17 de febreiro de 2025

Homenaxe ao represaliado coruñés José Albedro Villaverde

Durante a xornada do pasado martes (11/02/2025), o alumnado do IES Rafael Dieste sumouse á organización e condución dun acto en homenaxe do represaliado coruñés José Albedro Villaverde (1907-1943), en colaboración coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.

Abriu o acto unha intervención musical en gaita e tamboril -programada desde o departamento de Historia- interpretada polos músicos Marco e Hugo.

A alumna Mencía López tomou o micrófono para falar sobre a importancia de dar visibilidade a quen tivo que pagar coa vida o exercicio da liberdade. A seguir, Leo Torres explicou un fragmento biográfico sobre o paso de Rafael Dieste por un campo de concentración en 1936. Julieta Pérez, pola súa banda, centrou a intervención na cronoloxía vital de José Albedro reflexionando sobre a importancia de coñecermos o noso pasado máis recente.

O acto continuou aínda cunha intervención de Carmen Rodeja, presidenta da ARMH, así como dos familiares presentes na homenaxe.



domingo, 9 de febreiro de 2025

Vídeo en recordo de Ángel Lozano

As aulas de tecnoloxía do Rafael Dieste verán o medrar das polas do laranxo que plantamos para o profesor Ángel Lozano.

Como viu florecer el, xeracións de estudantes.



xoves, 6 de febreiro de 2025

In memoriam Ángel Lozano

Es muy triste para todos nosotros anunciar hoy lo que nunca hubiéramos imaginado tener que hacer tan pronto: el fallecimiento de nuestro compañero Ángel Lozano.

Ha sido durante los últimos veinticinco años un miembro muy activo de nuestra comunidad escolar, siendo jefe de estudios de 2008 al 2012 y habiendo tomado parte en la puesta en marcha y desarrollo de las secciones bilingües impartiendo su asignatura en inglés. También sus dos hijos fueron alumnos del centro por lo que las conexiones con su familia han sido muchas.

El lunes 3 de febrero guardamos un minuto de silencio en su memoria y hoy jueves, 6 de febrero, se ha plantado un árbol en el jardín del centro con la presencia de todo el alumnado, el claustro de profesores y antiguos alumnos y compañeros que nos han acompañado, así como su familia.

El centro ha decidido, por otra parte, poner su nombre al aula que ocupó todo este tiempo. 

Todo nuestro cariño y respeto a su esposa e hijos. 

Recordaremos a Ángel como un buen profesor, trabajador incansable y una mejor persona.

DEP







IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores